Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

Faise público para xeral coñecemento que o Pleno da Corporación Municipal de Ribeira, en sesión que tivo lugar o día 17 de decembro de 2002, acordou por unanimidade e co quorum de maioría absoluta, aprobar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribeira.

O acordo de aprobación, así como as ordenanzas do dito plan, aparecen publicadas no BOP nº 10, de data 14 de xaneiro de 2003.

Os recursos administrativos que caben contra este acordo veñen especificados na publicación á que antes se fixo mención, sendo a data incial para a

súa interposición a do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co disposto no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de protección do medio rural de Galicia, faise constar que, con data do 24 do corrente mes se formalizou remisión á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, de dous exemplares do dito plan, co obxecto do determinado no parágrafo 5 do citado artigo.

Este plan xeral entrará en vigor unha vez transcorrido os quince días hábiles á que se refire o artigo 65.2º da Lei de bases de réxime local, Lei 7/1985, do 2 de abril.

Ribeira, 5 de marzo de 2003.

Manuel Ruiz Rivas

Alcalde