Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que por Decreto da Alcaldía do 7 de febreiro de 2003, se presentou a aprobación inicial ó estudio de detalle da rúa de nova apertura entre a rúa Atalaia e avda. de Sarria en Foz, redactado polo arquitecto Carlos Longarela Sanfiz e promovido por Teodoro Moreda, S.L.

Durante o prazo de 20 días contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderán presentarse as reclamacións ou alegacións que se coiden oportunas contra o devandito estudio de detalle, na secretaría municipal deste concello.

Foz, 7 de febreiro de 2003.

José María García Rivera

Alcalde