Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003 pola que se anuncia o concurso público número 2/2003, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos expedientes que se citan.

Obras:

-Expediente nº 2003/3001.

Obxecto: centro de formación asistencial para a facultade de Ciencias da Saúde.

Centro e localidade: campus de Oza (A Coruña).

Importe da licitación: 783.199,95 euros.

-Expediente nº 2003/3002.

Obxecto: reforma interior e aparello elevador.

Centro e localidade: escola superior da Mariña Civil (A Coruña).

Importe da licitación: 251.253,61 euros.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a indicada para cada expediente.

b) División por lotes e número: os indicados en cada expediente.

c) Lugar de entrega/execución: A Coruña ou Ferrol, segundo o especificado en cada expediente.

d) Prazo de entrega/execución (meses): os arriba sinalados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

a) Importe total: os indicados para cada expediente.

b) Prima: a indicada para cada expediente.

c) Canon: o indicado para cada expediente.

5. Garantías.

a) Provisional: a indicada para cada expediente.

b) Definitiva: a indicada para cada expediente.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade da Coruña, Servicio de Xestión Económica.

b) Enderezo: rúa Maestranza, s/n.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Teléfono: 981 16 70 00.

e) Telefax: 981 16 70 12.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Universidade da Coruña, Rectorado, rexistro xeral.

-Enderezo: rúa Maestranza, s/n.

-Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade da Coruña.

b) Enderezo: rúa Maestranza, s/n.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións; se este día fose inhábil ou sábado, realizarase o seguinte día hábil.

e) Hora: 11 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

A Coruña, 12 de marzo de 2003.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

Víctor M. Cabrera Sánchez

Xerente da Universidade da Coruña