Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, da contratación dunha consultoría e asistencia para o servicio de xestión da unidade de tarxeta sanitaria (S-110/2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S-110/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: consultoría e asistencia para o servicio de xestión da unidade de tarxeta sanitaria.

b) Prazo de execución: un ano contado desde o primeiro día do mes seguinte á data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinario, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: douscentos doce mil novecentos oitenta e oito euros con setenta e dous céntimos de euro (212.988,72 A).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de remate de presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas A.M., na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do terceiro día natural contado desde a data de finalización de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a catrocentos euros ( 400 A).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos