Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 900/2002.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previamente á resolución nesta Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 900/2002.

Acta inf. nº 1434/2002.

Empresa: Jesús Martínez Prieto.

NIF/DNI: 76392379.

Enderezo: San Roque, nº 50 (Ortigueira).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 300 A.

Resumo da acta de infracción:

Visitada a obra de construcción sita en r/ Salgueiro (Ortigueira), constatouse que para acceder á 2ª placa, na que estaban traballadando, a única vía é unha escaleira interior que carece de varandas de protección. O risco de caída de altura concrétase en 3 metros, aproximadamente.

Vulnéranse os artigos 4.2º d) e 19.1º do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14, 15 e 17 da Lei 31/1995.

Falta leve en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 11.4º e 39, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que constan nos expedientes:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 7 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña