Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 12 de marzo de 2003, do Departamento de Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica de Portos de Galicia, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente administrativo sancionador coa clave 15/02, devolta polo servicio de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución de recurso de alzada do expediente instruído por infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro) de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co artigo 65 do Regulamento de servicio, policía e réxime dos portos, aprobado por O.M. do 12 de xuño de 1976.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición dos interesados nos servicios centrais de Portos de Galicia, praza de Europa, 5ª-6º Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

Nº de expediente: Sanc. 15/02.

Denunciada: María Luisa Muinelo Bondelle.

DNI: 33822421.

Enderezo: Concepción Arenal, 18-3ºD. 27880 Burela (Lugo).

Instructor: Jesús Javier Fernández Barro, xefe da Unidade III da Área de Explotación e Planificación de Portos de Galicia.

Precepto infrinxido: 114.1º a) da Lei 27/1992.

Sanción: 90,15 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución recorrida.

Recursos: contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela, ou interpoñer calquera outro recurso que o interesado estime pertinente en dereito.

O importe da devandita sanción deberá ser aboado nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller nos anteditos servicios centrais de Portos de Galicia o documento de ingreso correspondente.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2003.

Manuel Bautís Cheda

Secretario do Consello de Administración, xefe

do Departamento de Secretaría Xeral-Asesoría

Xurídica