Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 608 e 704/2002.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándolle que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun (1) mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia delegación provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: 608/2002.

Acta nº: 947/2002 (I) (II).

Titular: Arte y Técnicas de la Construcción, Obras y Servicios, S.L. (I).

NIF/DNI: B-15671712.

Enderezo: Viorneira, 4 baixo, Milladoiro (Ames).

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 4-12-2002.

Resolución: sanción por importe de 1.803,05 A.

Feitos: en visita realizada á obra de construcción sita en Solláns-Calo (Teo), en data 23-4-2002 comprobouse que os ocos da vivendas que se constrúen carecen de protección no baixo cuberta, a uns cinco metros de altura, onde se levan a cabo traballos de albanelería. Ademais, úsanse escaleiras de madeira con pasos cravados.

Vulnéranse os artigos 14.2º, 15, 17, 18 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; e artigos 11, 15 e anexo IV parte C 3 a) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro; así como a O.M. do 28-8-1970.

Tipificación: unha falta grave e outra leve, respectivamente, ámbalas dúas en grao mínimo, tipificadas e sancionables de acordo cos arts. 12.16º f), 11.4º e 39.1º e 40.2º a), respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 704/2002.

Acta nº: 1250/2002.

Titular: Residencial La Corveira, S.L.

NIF/DNI: B-15694367.

Enderezo: urbanización Fonteculler, A Corveira (Culleredo).

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 17-1-2003.

Resolución: sanción por importe de 601,02 A.

Feitos: en visita realizada á obra de construcción sita en Cordeda-Corveira (Culleredo), constatouse o seguinte:

1.-Non se tivo cursado á autoridade laboral o preceptivo aviso previo ó comezo dos traballos.

2.-Carecía do preceptivo libro de incidencias do plano de seguridade da obra.

Vulnéranse, respectivamente, os artigos 18 e 13 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Tipificación: dúas faltas leves en grao mínimo, tipificadas e sancionables de acordo cos artigos 11.5º e 39.3º d) e 40.2º a), respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 7 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña