Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven os expedientes de clasificación de montes 1 e 3/2002.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 12 de decembro de 2002 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, e coa asistencia dos vocais Manuel Martínez Garrido, Emilio Sánchez Coto, José Antonio Illán Torrón, Manuel Veiga Franco e do secretario en funcións Ángel Rodríguez González, dictou a resolución de clasificar como veciñais en man común os seguintes montes:

-Expediente número 1/2002.

Denominación: monte da Lama.

Pertenza: veciños do lugar da Lama.

Parroquia: Noceda.

Concello: Cervantes.

Superficie total: 112 hectáreas.

Estremas da parcela nº 1 (14 hectáreas):

Norte: co monte veciñal en man común de Noceda (expediente 21/1982), pertencente ós veciños do lugar de Noceda da parroquia de Noceda, polo texo de Folgueiroa. Leste e sur: co monte veciñal en man común Madredagua e Brañanova (expediente 8/1983), pertencente ós veciños do lugar de Vila

nova do Pedregal da parroquia de Noceda. Oeste: con predios particulares.

Estremas da parcela nº 2 (1,8 hectáreas):

Norte, leste, sur e oeste: con predios particulares (quedan excluídas da clasificación desta parcela dous predios propiedade particular de Manuel Álvarez e Manuel Rodríguez).

Estremas da parcela nº 3 (1,2 hectáreas):

Norte e sur: con predios particulares. Leste: coa estrada. Oeste: cun camiño público.

Estremas da parcela nº 4 (95 hectáreas):

Norte e leste: con predios particulares. Sur: co monte veciñal en man común Madredagua e Brañanova (expediente 8/1983), pertencente ós veciños do lugar de Vilanova do Pedregal da parroquia de Noceda, desde Campo do Dreiro ata Pico do Dreiro no límite coa provincia de León. Oeste: co monte veciñal en man común de Vilarello-II (expediente 103/1978), pertencente ós veciños dos lugares de Vilarello da Igrexa, Vilarello do Río e San Miguel da parroquia de Vilarello, con predios particulares e co monte veciñal en man común de Noceda (expediente 21/1982), pertencente ós veciños do lugar de Noceda da parroquia de Noceda, polo regueiro dos Valiñatos.

-Expediente número 3/2002.

Denominación: monte Lama do Espiño e Xaneiras.

Pertenza: veciños dos lugares de Currial, Río e Vilerma.

Parroquia: Maside.

Concello: Sarria.

Superficie total: 5,2 hectáreas.

Estremas da parcela Lama do Espiño (2,05 hectáreas):

Norte: monte veciñal en man común de Ortoá (expediente 68/1978), pertencente ós veciños da parroquia de Ortoá. Leste e sur: camiño. Oeste: monte veciñal en man común de Ortoá (expediente 68/1978), pertencente ós veciños da parroquia de Ortoá e camiño.

Estremas da parcela Xaneiras (3,15 hectáreas):

Norte: monte veciñal en man común Santa Cristina e Xaneiras (expediente 62/1978), pertencente ós veciños da parroquia de Arxemil. Leste e sur: predios particulares. Oeste: predios particulares e monte veciñal en man común de Ortoá (expediente 68/1978), pertencente ós veciños da parroquia de Ortoá.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de

xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 12 de decembro de 2002.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Lugo