Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven os expedientes de clasificación de montes 2 e 4/2002.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 12 de decembro de 2002 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, e coa asistencia dos vocais Manuel Martínez Garrido, Emilio Sánchez Coto, José Antonio Illán Torrón, Manuel Veiga Franco e do secretario en funcións Ángel Rodríguez González, dictou a resolución de non clasificar como veciñais en man común os seguintes montes:

Expediente número 2/2002: monte da Farrapa, situado na parroquia de Argomoso do concello de Mondoñedo.

Expediente 4/2002: monte de Seteventos (parcelas: Pousada, A Cuada e Fondón) no concello de Sarria.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 12 de decembro de 2002.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Lugo