Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 20 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 20 de xaneiro de 2003 dictada no expediente sancionador AC-181/02, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á sociedade imputada que de seguido se relaciona, a resolución da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-181/02, incoado á sociedade No Sé, S.C., titular do establecemento de café-bar denominado No Sé, situado na rúa Juan Canalejo, nº 39, baixo, do concello da Coruña, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse

efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: AC-181/02.

Denunciado: No Sé, S.C.

Establecemento: café-bar No Sé.

Enderezo: rúa Juan Canalejo, nº 39, baixo.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 86, puntos 1º, 2º e 5º da Lei 9/1997.

Resolución: 20 de xaneiro de 2003.

Sanción: multa de trescentos euros (300 A).

A Coruña, 20 de febreiro de 2003.

P.A.

José Antonio Gómez García

Secretario provincial da Coruña