Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 20 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 23 de xaneiro de 2003 dictada no expediente sancionador AC-203/02, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ó imputado que de seguido se relaciona, a resolución da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-203/02, incoado a Juan R. Seoane Bueno, titular do establecemento de café-bar denominado Xavestre, situado na rúa San Paio de Antealtares, nº 21, do concello de Santiago de Compostela (A Coruña), xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderan interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes

desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: AC-203/02.

Denunciado: Juan R. Seoane Bueno.

Establecemento: café-bar Xavestre.

Enderezo: rúa San Paio de Antealtares, nº 21.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 86, punto 2º da Lei 9/1997.

Resolución: 23 de xaneiro de 2003.

Sanción: multa de cento oitenta euros (180 A).

A Coruña, 20 de febreiro de 2003.

P.A.

José Antonio Gómez García

Secretario provincial da Coruña