Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/9-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Ourense, 32960 Ourense.

Denominación: ampliación da subestación Frieira con parque de 220 kV.

Situación: Frieira (Padrenda).

Descricións técnicas: 1. Ampliación da subestación Frieira 132/20 kV cun novo parque de 220 kV en edificio con celas blindadas de interior, en dobre barra e dúas posicións de liña: Montouto e máis

Cartelle. Celas de transformador, de liña, medida e acoplamento. Autotransformador de 100 mVA, trifásico 220/132 V. Transformador para servicios auxiliares de 400 kVA, r/t 20.000/420. 2. Instálase unha posición de 132 kV dotada dos elementos necesarios de funcionamento, control, protección e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de xaneiro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense