Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/11-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Urbanización Mondedeu-1ª F.

Situación: Barbadás.

Descricións técnicas: liña soterrada de 530 m, a 20 kV en conductor R.H.Z. 12/20 kV con orixe na L.M.T. ó C.T. Seminario (apoio HVH1600-S13) e remata no C.T. proxectado tipo prefabricado con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V na urb. Finca Mondedeu-1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de xaneiro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense