Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a contratación da subministración sucesiva de mobiliario e material audiovisual para o Museo Pedagóxico de Galicia. (Expediente 02/03SU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 02/03SU.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de mobiliario e material audiovisual para o Museo Pedagóxico de Galicia, dependente desta consellería.

b) Lugar de entrega: dependencias do Museo Pedagóxico de Galicia, sito en San Lázaro, Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: 25 días ou o prazo que sinale a empresa se fose inferior.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 231.444 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe total de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 58 54 55.

b) Domicilio: praza de Mazarelos, nº 14, baixo, 15703 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 2296

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o cuarto día hábil contado desde o día seguinte ó da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 11 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2003.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria