Por Resolución do 27 de novembro de 2002 (DOG do 4 de decembro) anunciouse polo sistema de con
curso de procedemento aberto declarado de urxencia, a contratación dunha póliza de responsabilidade civil por danos causados a terceiros e unha póliza colectiva de accidentes corporais derivadas das actividades levadas a cabo polos alumnos de formación profesional na realización de prácticas en empresas.
Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e demais lexislación vixente, e con base na proposta formulada pola mesa de contratación reunida o día 26 de decembro de 2002,
RESOLVO:
Adxudica-lo concurso convocado por Resolución do 27 de novembro de 2002 a:
Plus Ultra Compañía Anónima de Seguros e Reaseguros.
Importe: 68.543,05 A.
Prazo: 1 de xaneiro de 2003 a 31 de agosto de 2004.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2003.
P.D. (Orde 21-6-1996)
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria