Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/2).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S, C.T., Bastiagueiro (urbanización Galeras 1ª fase).

Situación: Oleiros.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea en urbanización 1ª fase a 15/20 kV, de 1.011 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parte do C.T. Romardeiro nº 2 e final no C.T. Galeras nº 2 pasando polo nº 1.

-Liña eléctrica de media tensión subterránea de 571 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parte do C.T. Pazos e final na L.M.T. a C.T. Romardeiro nº 2.

-2 centros de transformación prefabricados de 630 e 400 kVA denominados Galeras 1 e Galeras 2, en Bastiagueiro. Concello de Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación pro

vincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña