Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.400

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2003 pola que se fai pública a convocatoria 2003-2004 para a celebración de convenios de producción e/ou distribución de espectáculos teatrais con empresas galegas de teatro profesional.

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais-IGAEM-fai pública a convocatoria 2003-2004, para a celebración de convenios de producción e/ou distribución de espectáculos teatrais con empresas de carácter profesional.

Esta convocatoria ten por obxecto a celebración entre o IGAEM e as compañías ou empresas galegas de teatro que xustifiquen documentalmente a súa profesionalidade, de convenios de producción e/ou distribución de espectáculos teatrais propostos pola compañía. Cada compañía presentará un programa correspondente á/ás obra/s que pretende producir e/ou distribuir durante o período 2003/2004.

O orzamento máximo que se distribuirá será de 631.062 A, que correrá con cargo á partida orzamentaria 1060.354A.640.1.

O prazo de presentación de proxectos será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases da presente convocatoria están depositadas no rexistro do IGAEM Pavillón de Galicia, San Lázaro s/n 15703 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 57 71 26, fax: 981 57 71 27.

Santiago de Compostela 14 de febreiro de 2003.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes

Escénicas e Musicais