Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 20 de marzo de 2003 Páx. 3.400

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2003 pola que se resolve a convocatoria de dúas bolsas de apoio técnico a proxectos ou traballos de investigación relacionados coa estatística pública.

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, á vista da inexistencia de solicitudes presentadas, e de conformidade coa base quinta da convocatoria,

RESOLVO:

Declarar deserta a convocatoria de dúas bolsas de apoio técnico a proxectos ou traballos de investigación relacionados coa estatística pública, con

vocadas pola Resolución do 25 de novembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 17 de decembro).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o director do IGE no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, nos termos dos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido no artigo 46.4º da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2003.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA