Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresas Concesionarias de Puertos Deportivos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresas Concesionarias de Puertos Deportivos de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas, que sendo titulares de alomenos unha concesión de explotación de portos deportivos, desenvolvan a súa actividade profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Fernando Otero Alonso, en representación da sociedade OYS Noroeste, S.L., e catro persoas máis representando a outras sociedades.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais