Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Distribuidores de Automoción Fedauto Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 10 de xaneiro de 2003, certificación expedida por José Carlos García Cumplido, secretario xeral da Asociación Gallega de Distribuidores de Automoción Fedauto Galicia, onde se reflicten os acordos acadados pola asemblea xeral da referida asociación, na reunión do 9 de decembro de 2002, e que consisten na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais