Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Federación Empresarial de Transporte de Viajeros en Autocar de Galicia (Transgacar), que no sucesivo, e en virtude da dita modificación se denominará Federación Gallega de Asociaciones de Transporte de Viajeros en Autocar (Transgacar).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 10 de xaneiro de 2003, certificación expedida polo secretario da devandita federación, José Carlos García Cumplido, avalada co visto e prace do presidente, na que se reflicten as modificacións estatutarias da Federación Empresarial de Transporte de Viajeros en Autocar de Galicia (Transgacar), que no sucesivo, e en virtude da dita modificación se denominará Federación Gallega de Asociaciones de Transporte de Viajeros en Autocar (Transgacar), presentando tamén novos estatutos.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais