Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza o cambio de titularidade do organismo de control autorizado Wezol, S.L., que pasa a denominarse Agbar Certificación, S.L.

Examinado o escrito presentado por Antonio Sánchez López, en calidade de representante de Agbar Certificación, S.L., con CIF B-95219135 e con domicilio social en r/ Torretxu Bidea 7, 48150 Sondika (Biscaia), mediante o que solicita o cambio de titularidade do organismo de control autorizado Wezol, S.L., resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data 22 de xaneiro de 1998, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio resolveu autorizar a Wezol, S.L. para actuar como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Con data 21 de xaneiro de 2003, Antonio Sánchez López solicitou o cambio de titularidade da autorización concedida a Wezol, S.L., que pasou a denominarse Agbar Certificación, S.L.

Terceiro.-Agbar Certificación, S.L. está acreditada por ENAC con número de acreditación 15/EI014, conforme os criterios recollidos na norma UNE-EN 45004:1995, para a realización de inspeccións nos campos e segundo os documentos normativos especificados no anexo técnico rev. 10, do 27-12-2002, da acreditación de ENAC correspondente.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 8/2003, do 18 de xaneiro, e 23/2003, do 20 de xaneiro, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial, e no Decreto 426/2001, do 15 de novembro, polo que se regulan os organismos de control en materia de seguridade industrial e control regulamentario e se crea a Comisión de Coordinación de Seguridade Industrial de Galicia.

Segundo.-A documentación presentada por Agbar Certificación, S.L. acredita que a empresa cumpre coas esixencias establecidas nos artigos 4, 5, 6 e 7 do Decreto 426/2001, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

Terceiro.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar a Agbar Certificación, S.L. para actuar como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia, en substitución de Wezol, S.L., por terse producido o cambio de titularidade da entidade. O ámbito regulamentario de actuación esténdese ós seguintes campos:

Instalacións e aparellos a presión, instalacións eléctricas, instalacións de almacenamento de productos químicos, vehículos e contedores destinados ó transporte de mercadorías perigosas e perecedoiras, instalacións e aparellos para combustibles gasosos, construcción de máquinas con risco, elementos e instalacións de aparellos de elevación e manutención, instalacións petrolíferas, pararraios.

Segundo.-Esta resolución pode ser suspendida ou revogada, ademais de nos casos previstos na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de ENAC, e queda supeditada ó cumprimento das seguintes condicións:

1ª Calquera ampliación dos campos regulamentarios de actuación ou dos documentos normativos correspondentes deberá segui-los trámites establecidos nos artigos 4, 5 e 7 do Decreto 426/2001 para a súa autorización.

2ª Agbar Certificación, S.L. deberá cumpri-lo establecido na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3ª Agbar Certificación, S.L. deberá cumprir nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia os requisitos establecidos no Decreto 426/2001, do 15 de novembro.

Notifíquese esta resolución ó interesado facendo constar que poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de notificación, ante o conselleiro de Innovación, de Industria e Comercio, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas