Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de servicios consistente no mantemento de aplicacións en explotación, e programación dos sistemas informáticos da Consellería de Innovación, Industria e Comercio. (Expediente 1/2003 SX).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 1/2003 SX.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: o desenvolvemento de análises funcionais de novas aplicacións e o mantemento das aplicacións en explotación, que dan soporte á xestión administrativa da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e das súas delegacións provinciais.

Prazo de execución: comezará o día seguinte ó do asinamento do contrato e rematará o 31 de decembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 58.187 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: exento.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica e financeira, de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do TRLCAP, mediante os seguintes medios: informe das institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global e dos traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Os licitadores deberán contar cunha experiencia de, polo menos, tres anos no desenvolvemento de sistemas informáticos. Se, por razóns xustificadas, un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada suficiente pola Administración.

Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.a) e b) do TRLCAP, mediante a presentación das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato e por medio dunha relación dos principais servicios realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro da Secretaría Xeral da Consellería, Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións cadrase en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral de la Consellería de Innovación,

Industria e Comercio