Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instala-

ción eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/14-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Danigal Vidrio, S.L.

Domicilio social: p. industrial de Pazos, 32000 Verín.

Denominación: C.T. para planta clasificadora de vidro.

Situación: polígono de Pazos (Verín).

Descricións técnicas: centro de transformación tipo interior en edificio prefabricado, con transformador de 630 kVA e r/t 20.000/380-220 V está alimentado por acometida soterrada desde a L.M.T. próxima de Unión Fenosa Distribución, S.A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de xaneiro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense