Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do aproveitamento hidroeléctrico de Gomil, no río Mandeo, e da liña de alta tensión (L.A.T.) de 66 kV de conexión do devandito aproveitamento coa subestación de Teixeiro, nos termos municipais de Aranga e Curtis, A Coruña, promovida pola empresa Técnicos Asociados Gallegos, S.L., efectuada por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 31 de xaneiro de 2003.

Vito o escrito presentado pola sociedade Técnicos Asociados Gallegos, S.L., con CIF nº B-32015836 e con enderezo para efectos de notificacións en vía Edison bloque 1º, 2º esquerda, polígono do Tambre 15890-Santiago de Compostela, resultan os seguintes antecedentes de feito.

Primeiro.-José Luís Suárez Gutiérrez, en representación de Técnicos Asociados Gallegos, S.L., e con relación ó anuncio do 26 de novembro de 1998, publicado no BOP da provincia da Coruña do 10 de decembro de 1998, de apertura dun trámite de competencia de proxectos para a concesión dun aproveitamento hidroeléctrico no río Mandeo, solicitou derivar un caudal de 7.800 l/s do río Mandeo con destino á producción eléctrica nos termos municipais de Aranga, Coirós e Paderne.

As peticións de concesión e autorización administrativa, para a instalación do dito aproveitamento no río Mandeo, foron publicadas no BOP da provincia da Coruña de 17 de agosto de 1999 e no DOG do 26 de agosto de 1999. Como resultado da anterior información pública e dos informes acadados de distintos organismos, o servicio competente dese orga

nismo autónomo, Augas de Galicia, de acordo co establecido no artigo 112 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, elaborou informe, do 1 de decembro de 1999, no que se establecía como aproveitamento máis viable o promovido por Técnicos Asociados Gallegos, S.L. con suxeición a unhas determinadas condicións que foron aceptadas pola empresa promotora.

Mediante resolución do presidente de Augas de Galicia, do 22 de decembro de 1999, outorgouse a concesión para a instalación do aproveitamento hidroeléctrico denominado Salto de Gomil, solicitado pola empresa Técnicos Asociados Gallegos, S.L., para derivar un caudal máximo de auga de 7.800 l/s, entre a cota 411, correspondente ó máximo encoro normal no punto de toma, e a cota 281, correspondente á cota de augas no leito en réxime de augas medias, no punto de restitución de caudais ó leito público, no termo municipal de Aranga, A Coruña, e declarar de utilidade pública, en concreto, as obras constructivas do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes dos bens e dereitos que correspondan.

Con data do 27 de marzo de 2001 a anterior sociedade peticionaria solicitou unha modificación do índice concesional do aproveitamento menor ó 10% que consistía na diminución do caudal de 7.800 l/s a 7.400 l/s e a ampliación do tramo ocupado de 411-281 metros sobre o nivel do mar (m.s.n.m.) a 422-272 m.s.n.m. Esta modificación foi sometida a información pública mediante a súa publicación no BOP da Coruña do 24 de maio de 2001, e no DOG do 23 de maio de 2001. Posteriormente e mediante Resolución do 26 de novembro de 2001, o presidente de Augas de Galicia aprobou a modificación do caudal solicitado, segundo as condicións anteriormente expostas, e aprobou o proxecto constructivo do salto de Gomil no río Mandeo.

Segundo.-A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formulou o 26 de novembro de 1999 a preceptiva declaración de efectos ambientais de diferentes proxectos para a instalación de diferentes aproveitamentos hidroeléctricos no río Mandeo, entre eses o promovido por Técnicos Asociados Gallegos, S.L., nos concellos de Aranga, Paderne e Coirós, A Coruña.

Debido á solicitude, por parte do promotor, de revisión do réxime do caudal ecolóxico reflectido na concesión, e de novas alternativas para o cubrimento da canle de derivación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, modifica a declaración de efectos ambientais anterior mediante Resolución do 8 de xaneiro de 2001.

Como consecuencia da introducción de modificacións no proxecto orixinal, consistentes basicamente na utilización dun azude xa existente, na diminución do caudal que se vai derivar e ó existir novas afeccións a intereses de terceiros, resolveuse modificar, por segunda vez, a declaración de efectos ambientais

do proxecto que nos ocupa mediante Resolución do 11 de outubro de 2001.

Terceiro.-A sociedade Técnicos Asociados Gallegos, S.L. solicitou, ante a delegación da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, xunto coa autorización e aprobación do proxecto, a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do aproveitamento hidroeléctrico de Gomil, no río Mandeo, e da liña de alta tensión (LAT) de 66 kV de conexión do dito aproveitamento coa subestación de Teixeiro, nos termos municipais de Aranga e Curtis, A Coruña, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Cuarto.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña someteu o proxecto anterior ó trámite de información pública mediante Resolución do 10 de xullo de 2002, publicada no DOG do 14 de agosto de 2002, no BOP da Coruña do 7 de agosto de 2002, e no Ideal Gallego do 30 de xullo de 2002. Ademais a anterior resolución estivo exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Aranga e Curtis os que emitiron certificación da súa exposición de datas 17 de agosto e 3 de outubro de 2002 respectivamente.

Durante o período no que se someteu a trámite de información pública recibíronse as seguintes alegacións referentes á utilidade pública do proxecto.

1. Josefa Deibe Tizón, Ramiro Freire Bergantiños, Manuel García Grela, José Vázquez Fidalgo, Remedios López López, Andrés García Prados, Ramona Paredes Iglesias, Ángela Fernández Maceiras, Manuel Freire Roca, José María Ponte Ares, José Yáñez Martínez, Manuel Roca Sánchez, Ramón Aguirre Seoane e Alfonso Represas Frean, alegan, en diferentes escritos remitidos á delegación da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, a existencia de erros na relación de propietarios e bens afectados exposta a información pública.

2. Na mesma alegación anterior, Manuel García Grela expón que do paso polos seus predios da canle de conducción de augas, derívase unha expropiación de feito, sen pagamento de indemnización, das partes dos predios situados entre a devandita canle e o leito do río Mandeo. Ademais tampouco se contempla, no proxecto, a indemnización correspondente ó arborado existente na parte dos predios que será ocupada polo leito da nova canle que se vai construír.

3. Da mesma forma, José Yáñez Martínez expón que do paso polos seus predios da canle de conducción de augas se deriva unha partición destes, co que as partes dos predios situados entre a devandita canle e o leito do río Mandeo quedan illados e non se lles poderá dar ningún aproveitamento, polo que solicita que as devanditas partes dos predios sexan afectados polo proxecto constructivo, para o

que será necesario a súa medición exacta co fin de calcula-lo seu prezo xusto, así como determinar, ou se é o caso cubicar, as árbores que se encontran plantadas no predio para a súa posterior indemnización.

Ademais, José Yáñez Martínez, propietario dunha novena parte dun dos predios afectados pola utilidade pública, oponse ó acordo ó que legou a empresa promotora con David Vázquez Castro en canto ó prezo de ocupación, posto que non se contou co resto dos seus copropietarios.

Por último, o demandante, informa que nun dos predios da súa propiedade, afectado polas obras do presente expediente, a empresa empezou os traballos de limpeza e acondicionamento sen que se chegase a ningún acordo co propietario, considerando a esta Administración como responsable solidaria dos danos causados na súa propiedade.

4. Á parte das consideracións realizadas por Ángela Teijeiro Maceiras, acerca dos posibles erros existentes na relación de bens afectados, a afectada mostra a súa oposición á utilidade pública do proxecto por non concorrer, no presente suposto, as condicións necesarias para ela, por ser innecesaria e non supoñer ningún beneficio ou utilidade pública adicional.

5. María Remedios Paredes alega que é propietaria dun predio no lugar de Monte das Paredes (Curtis), o cal foi obxecto de concentración parcelaria privada obténdose, como consecuencia dela, o predio afectado para o seu uso como explotación forestal. Que o devandito predio será atravesado, pola súa metade, polo tendido eléctrico da instalación dividíndoo en dúas metades coas consecuentes perdas económicas derivadas da concentración parcelaria, diminución do seu valor no mercado, e imposibilitando, na práctica, o seu aproveitamento. Que o devandito predio é considerada como monte baixo, cando en realidade é de aproveitamento forestal, e, ademais, no plano do expediente, obsérvase a traza dun camiño que non existe na actualidade e non aparece reflectido na notificación anterior no punto de ocupación de solo por camiño de acceso, polo que debe ser tido en conta como tal.

6. Manuel Sante Rivera e Dolores Sante Vidal alegan que son propietarios dun e dous predios, respectivamente, no que o primeiro ten proxectado construír unha vivenda. Os devanditos predios se verán afectados pola ocupación de solo por conducción de auga dividíndoos, a todos eles, en dúas partes de forma que non quedaría ningunha das parcelas resultantes con capacidade para edificar, nun caso, mentres que noutro caso os predios quedarían nun estado de precariedade para a súa explotación, polo que, segundo o artigo 23 da Lei de expropiación forzosa, solicita lles sexan expropiados a totalidade dos predios. Ademais, no caso que non se accedese ó solicitado, os afectados afirman que debería procederse a situa-la mencionada servidume noutro lugar de forma que non afectase ós asinantes, xa que unha administración non pode de forma arbitraria proceder a unha expropiación, lesionando os

intereses dun particular sobre a súa propiedade, dereito que se consagra na Constitución española.

Por outra parte, Manuel Sante Rivera e Dolores Sante Vidal, entenden que non existe, no caso que nos ocupa, un caso de urxente ocupación.

Por último, os alegantes afirman que independentemente do prezo que se acorde pola ocupación definitiva do predio, é ademais preciso fixar desde este preciso momento a suma en que se calcula o valor dos danos e prexuízos pola previa ocupación dos predios.

7. José Paredes Fiaño, na súa comunicación do 6 de agosto de 2002, constata que o predio do que é propietario e pola que ten previsto o paso a liña eléctrica do presente proxecto, está catalogado como de monte baixo cando, en realidade, está dedicado, na súa totalidade, a unha plantación de eucaliptos. Ademais, como lonxitude do predio figuran 56 metros cando, o devandito predio, ten unha lonxitude de 60 metros, variando, por tanto, a área afectada.

8. O pasado 31 de xullo de 2002, Emilio Vázquez González solicitou que debido a que a súa residencia está fixada en Pontevedra e dado que a vista do expediente se encontra na delegación da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, se lle remitan as copias necesarias da documentación básica que figuran no expediente co fin de realiza-las pertinentes alegacións.

Quinto.-As instalacións electromecánicas do aproveitamento hidroeléctrico de Gomil, no río Mandeo, segundo o proxecto da súa execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial José Luís González Gago colexiado número 1.089, e visado polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Galicia, teñen as seguintes características:

-Caudal máximo derivado: 7.400 l/s.

-Caudal ecolóxico mínimo: 1.100 l/s.

-Caudal ecolóxico máximo: 2.200 l/s.

-Cota do aliviadoiro: 422 m.

-Canle de derivación de 5.242 m.

-Entubado de carga de 715 m.

-Salto total: 150 m.

-Salto dispoñible: 144,82 m.

-Salto neto: 139,61 m.

-Cota de restitución ó leito público: 272 m.

-Dúas turbinas tipo Francis de eixe horizontal de 3.700 l/s cada unha, cunha velocidade nominal de 750 r.p.m.

-Dous xeradores síncronos de 750 r.p.m de velocidade de sincronismo, 5.000 kVA de potencia aparente, 50 Hz de frecuencia, un factor de potencia de 0,9 e unha tensión de xeración de 6 kV.

-Un transformador de 11 MVA e unha relación de transformación de 66 kV/6 kV.

-Un transformador de servicios auxiliares de 50 kVA de potencia nominal aparente e unha relación de transformación de 6 kV /400 V.

-Un transformador de alimentación do azude de 25 kVA de potencia nominal aparente e unha relación de transformación de 20 kV/380 V.

-Rede de 66 kV de tensión, cunha potencia de curtocircuíto de 1.370 kVA.

-Producción media anual estimada: 28.220 MWh.

-Instalacións de protección, manobra, mando, sinalización, medida e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

-Orzamento de execución por contrata sen IVA: 2.395.033,57 euros.

Por outra parte, as características da liña de conexión, composta dun tramo soterrado e un tramo aéreo, segundo o proxecto realizado polo enxeñeiro técnico industrial José Ramón Fernández Fernández, colexiado número 673, e visado polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Galicia, son as seguintes:

-Liña de alta tensión aérea a 66 kV, de 9.339 m de lonxitude, que partirá do aproveitamento hidroeléctrico de Gomil e finalizará no cambio aéreo-soterrado, composta por un circuíto cun conductor tipo LA-110 de 116,20 mm de sección total, unha relación de composición aluminio-acero de 30/7, 4.310 daN de carga de rotura, unha resistencia óhmica de 0,307 Ohm/Km, unha intensidade máxima de 313 A, con illamento tipo U 70 BS e os apoios postos a terra.

-Liña soterrada de alta tensión a 66 kV de 320 m de lonxitude que partirá do cambio aéreo-soterrado, no apoio número 49 da liña de alta tensión aérea proxectada, e finalizará na subestación de Teixeiro, consistente nun conductor do tipo RHE de 38/66 kV de 3(1x300) mm Al, en canle de 0,60x1,30 baixo tubo de propileno D.P de 160 mm de diámetro, un por fase, e conectado a terra por ámbolos lados da LAT soterrada.

-Orzamento: 220.771,70 euros.

Sexto.-En virtude do establecido no artigo 146 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, remitíronse separatas ás empresas e organismos afectados pola instalación para que presentasen a súa conformidade ou oposición ó proxecto que nos atañe. Segundo isto, enviáronse as ditas separatas a Unión Fenosa Distribución, S.A., ó Ministerio de Fomento, a Augas de Galicia, á Compañía Telefónica de España e a RENFE, os cales, salvo Unión Fenosa Distribución, S.A. que non contestou ó requirimento, informaron favorablemente ó proxecto sempre e cando cumprisen con diferentes condicións, as cales, foron aceptadas pola empresa promotora.

Sétimo.-A Delegación Provincial da Coruña emitiu informe favorable, propoñendo a declaración de utilidade pública que leva implícito o aproveitamento hidroeléctrico.

Oitavo.-Con data 15 de xaneiro de 2003, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autoriza-las instalacións electromecánicas e aproba-lo proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico de Gomil, no río Mandeo, e da liña de alta tensión de 66 kV de conexión do devandito aproveitamento coa subestación de Teixeiro, nos termos municipais de Aranga e Curtis, A Coruña.

Noveno.-O 28 de xaneiro de 2003, Augas de Galicia emitiu informe previo favorable á devandita declaración de utilidade pública.

Décimo.-A entidade pública empresarial do Solo (SEPES) remitiu un condicionado técnico ó proxecto que nos ocupa o cal foi aceptado pola empresa promotora mediante escrito con data de entrada nesta dirección xeral do 27 de febreiro de 2003.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto da autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, de 4 de novembro e o establecido na disposición adicional terceira da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, relativa á declaración de utilidade pública das obras, do organismo autónomo Augas de Galicia, constitutivas de aproveitamentos hidráulicos outorgados con destino á producción de enerxía eléctrica.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación obrante no expediente, queda de manifesto que:

1. Con respecto a posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, na determinación de servidumes e no número e natureza dos terreos afectados cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón destas, non obstante será durante o levantamento de actas, ó que será oportunamente convocado, o momento no que pode demostra-la súa titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria.

2. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

3. A declaración de utilidade pública faise en virtude dos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

4. En canto á alegación realizada por Manuel García Grela, debemos sinalar que a conducción de auga non producirá unha expropiación de feito, posto que en todo momento se respectarán os dereitos de paso a tódolos predios.

5. O indicado no punto anterior é de aplicación, igualmente, na alegación realizada por José Yáñez Martínez con relación á partición dos seus predios, polo que en ningún momento estes quedarán illados.

No que respecta á ocupación e inicio dos traballos nun predio da súa propiedade, teremos que mani

festar que este organismo non é responsable dos danos causados senón que será a empresa encargada de realiza-los devanditos traballos.

6. Con relación ó exposto por María Remedios Paredes Fiaño, con relación á traza dun camiño nun terreo da súa propiedade afectado polas obras do proxecto, faise notar que o devandito camiño se trata dun existente na topografía obtida, non se trata dun camiño que se vai construír neste proxecto, polo que a empresa promotora non ocupará máis terreo no predio en cuestión que o indicado na comunicación remitida á afectada, contemplándose a indemnización polo arborado no momento do levantamento de actas.

7. Será no momento do levantamento de actas cando se considere a alegación realizada por Manuel Sante Rivera e Dolores Sante Vidal con respecto o artigo 23 da Lei de expropiación forzosa.

No que se refire ó alegado respecto ó dereito da propiedade, remitimonos ó artigo 33 da Constitución española no seu punto terceiro: Ninguén poderá ser privado dos seus bens e dereitos se non é por causa xustificada de utilidade pública ou interese social, mediante a correspondente indemnización e de conformidade co disposto polas leis.

8. En resposta ó solicitado por Emilio Vázquez González, debemos remitirnos ó exposto no artigo 125, apartado primeiro do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

De acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia acorda:

1º Declara-la utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación do proxecto do aproveitamento hidroeléctrico no río Mandeo, Salto de Gomil. Todo iso segundo os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

2º O órgano competente, por razón da materia, para a tramitación do expediente é a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, debendo esta consellería cumprir co procedemento legal establecido.

Queda obrigada a empresa titular da instalación, a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade e medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra o presente acordo, que é definitivo na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso

potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL