Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que notifica a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2003/0004-0.

Intentada a notificación no domicilio coñecido por esta dirección xeral o titular da empresa que se indica a continuación e non sendo posible a súa práctica nel, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, que se inicia o prazo de dez días, a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente previo á resolución nesta Dirección Xeral de Relacións Laborais, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 2002/0004-0.

Acta de infracción: 407/2002/2/T.

Empresa: Confecciones Lismar Textil, S.L.

NIF/DNI: B-27171966.

Enderezo: Alférez Baanante, 101, Chantada.

Materia: traballo.

Proposta de sanción: 12.000 euros.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción incoada á empresa Confecciones Lismar Textil, S.L.

-Notificación no BOP do 7-1-2003.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais