Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de reintegro do 11 de novembro de 2002 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM Reint. 2002/50-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27 de abril de 1998 (DOG do 30 de abril), publícase:

«1. Expediente de reintegro: FM Reint. 2002/50-5.

Expediente de xestión: FM 342B 1998/301-5.

Orde da convocatoria: 27 de abril de 1998 (DOG do 30 de abril).

Interesado: Inconta, S.L.

Enderezo: García Barbón 30, 3º pta.5 36201 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude con data do 11 de novembro de 2002, ó abeiro da Orde do 27-4-1998.

Resolución:

Antecedentes.

1. A baixa dos traballadores relacionados no acordo do 22-5-2002 motivou o inicio do procedemento de reintegro das axudas percibidas pola súa contratación indefinida. O acordo de inicio foi publicado no DOG do 31-7-2002 e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

2. O interesado non presentou alegacións no trámite de audiencia.

Fundamentos.

I. O artigo 27 da Orde do 27 de abril de 1998 (DOG do 30 de abril) reguladora das axudas á con

tratación por conta allea para o exercicio de 1998, obriga ó beneficiario, durante os tres anos seguintes á data da contratación indefinida subvencionada, a substituí-lo traballador polo que se concedese a subvención, dentro do mes seguinte ó da baixa.

II. A disposición adicional sexta da citada orde establece que o incumprimento total ou parcial de calquera das condicións constituirá causa determinante da revogación e do reintegro da axuda por parte do beneficiario, xunto cos xuros de demora, de acordo co artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

En virtude do exposto e ó abeiro da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, (DOG do 11 de decembro) polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia

RESOLVO:

Declara-la procedencia do reintegro por parte de Inconta, S.L. da cantidade de 27.646,56 A (4.600.000 pesetas) concedida na resolución desta delegación provincial do 27-10-1998, rectificada pola do 2-12-1998, en concepto de subvención pola contratación indefinida de José Ignacio Mera Asensio, Marcos Rodríguez Monreal, José Antonio López Rey, Mª Isabel Acevedo Lomba, César Sánchez Fernández, Jacobo Fernández Troncoso, Diego Santorio Rodríguez, Manuel Pérez Paz, Eleazar Barros Alonso e Paulo Dalmeida Oliveira.

Os órganos competentes da Consellería de Economía e Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, forma e prazo do ingreso da referida cantidade, así como a liquidación dos correspondentes xuros de demora, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Contra a presente resolución o interesado poderá interpoñer, ó abeiro dos artigos 107.1º, 114 e 115 de Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), recurso de alzada ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da presente notificación.

Vigo, 11 de novembro de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 29 de xaneiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Cédula do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de revogación do 23 de outubro de 2002 das axudas á contratación indefinida

do expediente administrativo FM 342B 2001/519-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG do 27 de marzo), publícase:

«1. Expediente de procedemento: FM 342B 2001/519-5.

Orde da convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo).

Interesado: Aislamientos Cadega, S.L.

Enderezo: Redondo 47 baixo 36640 Pontecesures (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude con data do 23-10-2002, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.

Resolución:

Examinado o expediente de axudas pola contratación indefinida de traballadores presentada por Aislamientos Cadega, S.L., e tendo en conta os seguintes

Antecedentes.

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 1-3-2001 e estimada na Resolución do 23-8-2001, pola que se concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 1.803,04 A pola contratación indefinida de 1 traballador.

Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación: certificado de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.

Cuarto.-Na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia, por delegación da Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, corresponde a esta delegación provincial en virtude do artigo 3 da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000.

Segundo.-O artigo 11 da orde reguladora determina a revogación das axudas e subvencións concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución desta delegación provincial do 23-8-2001, pola que se concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 1.803,04 A pola contratación indefinida de 1 traballador.

Notifíquese ó interesado esta resolución, que pon fin a vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 23 de outubro de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra.».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 29 de xaneiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Cédula do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de desistencia do 18 de abril de 2002 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 343B 2001/1289-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de desistencia da solicitude das axudas á contra

tación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:

«1. Expediente de procedemento: FM 343B 2001/1289-5.

Orde da convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).

Interesado: Quintas Comunicaciones, S.L.

Enderezo: Gran Vía, 154 baixo 36211 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 18 de abril de 2002, ó abeiro da Orde do 10-5-2001.

Resolución:

Examinada a solicitude de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada José Quintas González, en nome e representación de Quintas Comunicaciones, S.L., e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 1-10-2001.

Segundo.-O Servicio de Fomento do Emprego desta delegación provincial notificou ó interesado o 19-12-2001 o requirimento de emenda da súa solicitude.

Terceiro.-O solicitante non presentou debidamente a documentación que se indica:

-Modelo de solicitude (anexo V-B), debidamente cuberto en tódolos puntos. Asinado polo representante.

-Relación nominal dos traballadores polos que solicita subvención (modelo do anexo VII-B), debidamente cuberta en tódolos puntos, asinada polo representante, e na que conste unha base correspondente á contratación de mulleres.

-DNI, vixente, do representante da entidade.

-Poder do representante para actuar en nome da entidade, vixente na data da solicitude e inscrito no Rexistro Mercantil ou no rexistro que corresponda.

-CIF da empresa.

-DNI vixente da traballadora Carolina Rodríguez Tapias. Fotocopia compulsada.

-Contrato de traballo polo que solicitan as axudas, en modelo oficial, e xustificante da súa comunicación á oficina de emprego.

-Certificado de períodos de inscrición da traballadora como demandante de emprego na oficina de emprego.

-Informe de vida laboral da traballadora, emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

-Comunicación da contratación á Seguridade Social. (A clave de tipo de contrato debe se-la correcta).

-Declaración do incremento do cadro de persoal fixo (modelo do anexo IX-B) correspondente ó período outubro 2000-setembro 2001.

-Se é o caso, documentación acreditativa das baixas producidas polas causas previstas na base 9ª do anexo B da orde reguladora.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia desta delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, para coñecer e resolve-la presente solicitude, vén determinada polo artigo 3 da Orde do 10-5-2001 (DOG do 22 de marzo) pola que se regulan os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

Segundo.-Artigo 5.1º da orde reguladora en relación cos artigos 71 e 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Declara-la desistencia da súa solicitude.

Notifíquese ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 18 de abril de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 29 de xaneiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Cédula do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución do recurso de reposición do 2 de agosto de 2002 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 2000/1308-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución do recurso de reposición do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

«1. Expediente: FM 342B 2000/1308-5.

Orde da convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Galitoner, S.L.

Enderezo: avda. Florida 157 baixo 36210 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución do recurso de reposición do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 2 de agosto de 2002, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.

Resolución:

Visto o recurso de reposición interposto polo interesado, notifícolle a resolución dictada por esta delegación provincial:

Antecedentes.

1. A Resolución do 19-10-2001, notificada o 24-10-2001, revogou a Resolución do 6-7-2001, estimatoria da solicitude de axudas á contratación indefinida.

2. O interesado presentou recurso de reposición contra a devandita resolución o 23-11-2001.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia desta delegación provincial para resolve-lo recurso, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, vén determinada polo artigo 3.1º e a disposición adicional terceira da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego, en relación co artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo.-A resolución obxecto do recurso foi dictada en aplicación da base novena do anexo B en relación co artigo 11 da citada Orde do 13 de marzo de 2000.

O beneficiario incumpriu a obriga de xustificación, prevista na citada base novena como condición para o pagamento das axudas, debido á falta de presentación da documentación indicada na resolución impugnada. Esta omisión impediu formula-la pro

posta de pagamento da subvención concedida e motivou a revogación da resolución concesoria.

Terceiro.-As alegacións do recorrente non resultan suficientes para desvirtua-las consecuencias xurídicas previstas no caso de incumprimento da obriga de xustificación dos requisitos esixidos para o pagamento das axudas.

En canto á invocación do dereito recoñecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, non permite estima-lo recurso dado que o contido deste dereito está referido a documentos en poder da propia administración actuante, entre os que non se poden incluí-los xustificantes do cumprimento das obrigas coa Seguridade Social. Tampouco pode ser considerada nesta resolución a documentación remitida co escrito de interposición do recurso: así o establece o artigo 112.1 da Lei 30/1992, para o suposto de feitos, alegacións ou documentos que o recorrente puidese ter achegado no trámite de alegacións.

En virtude dos antecedentes e fundamentos expostos

RESOLVO:

Desestima-lo recurso de reposición interposto o 23-11-2001 e confirma-la resolución dictada por esta delegación provincial o 19-10-2001.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da presente notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98 do 13 de xullo (BOE do 14 de xullo) reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de agosto de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 29 de xaneiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Cédula do 18 de febreiro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o requirimento de documentación incompleta en relación cos expedientes e persoas que se relacionan no anexo, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle ás persoas que se relacionan no anexo, o requirimento de documentación efectuado polo xefe da Área Provincial do IGVS, que literalmente transcrito di:

«Examinada a solicitude correspondente ó expediente de referencia e a documentación complementaria presentada por vostede, ó abeiro do R.D. 1/2002, do 1 de xaneiro, e Decreto 199/2002, do 6 de xuño, observáronse as seguintes deficiencias para o que deberá achega-la documentación que no anexo se indica.

O que se pon no seu coñecemento para que, de conformidade co establecido no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, proceda a emenda-las deficiencias sinaladas no prazo de 15 días hábiles improrrogables contados desde o seguinte ó que se realice a notificación.

De non emenda-las deficiencias sinaladas ou de non presenta-la totalidade da documentación requirida no prazo indicado, terase por desistido da súa petición que se arquivará logo de resolución».

Pontevedra, 18 de febreiro de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-U-0131/02.

Interesada: Sandra Álvarez Iglesias.

Último enderezo coñecido: rúa Mestres, nº 8, 2º B (Ponteareas).

Intentos de notificación persoal: o 11-10-2002 ás 13 h.

Documentación requirida:-Certificado das rendas 2001 da unidade familiar expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.-Declaración de non ser titular do dominio ou dun dereito real de uso ou desfrute sobre algunha outra vivenda suxeita a réxime de protección pública, xúntase modelo.-Declaración de que nin o solicitante nin, se é o caso, o seu cónxuxe tivo/tiveron anteriormente vivenda en propiedade, xúntase modelo.-Certificado do concello con referencia ó IBI acreditativa de que o solicitante e, se é o caso, o seu cónxuxe, non é titular do dominio ou dun dereito real de uso ou desfrute sobre unha vivenda libre na mesma localidade na que se sitúa a vivenda obxecto das actuacións protexibles.-Documento público ou certificación rexistral nos que conste a identificación, características e titularidade da vivenda.-Contrato de compravenda, de opción de compra ou de adxudicación por exemplar triplicado e orixinais,

no que conste a desagregación de prezos, desagregación de m útiles e cláusulas obrigatorias.-Copia acreditativa do ingreso da taxa de autoliquidación, xúntase impreso.-Fotocopia da declaración da renda das persoas físicas referida ó último exercicio fiscal, a nome de Sandra Álvarez Iglesias.

Expediente: 36-U-0140/02.

Interesada: Mª Esther Vázquez Padín.

Último enderezo coñecido: rúa San Roque, nº 9, 4º B (Vilagarcía de Arousa).

Intentos de notificación persoal: o 30-10-2002 ás 12.15 h.

Documentación requirida:-Acreditar m útiles, por técnico competente, debidamente visado polo colexio correspondente.

Expediente: 36-U-0054/02.

Interesada: Inés Rodríguez Vázquez.

Último enderezo coñecido: rúa Aragón, nº 221, 3º C (Vigo).

Intentos de notificación persoal: o 11-11-2002 ás 13.20 h e o 14-11-2002 ás 13 h.

Documentación requirida:-Elixir entre subsidiación compatible e axuda estatal directa ou subsidiación alternativa incompatible coa axuda estatal directa.-Acreditar m útiles, por técnico competente, debidamente visado polo colexio correspondente.

Cédula do 3 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de réxime de vpo ES OU-24/02, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la iniciación dos expedientes sancionadores por infracción do réxime legal de vpo por non ser posible a notificación a través do servivio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Paulino González Rodríguez, xefe da sección de Inspeccións e Sancións da delegación provincial, e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos e informacións coide convenientes en defensa dos seus intereses e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 3 de marzo de 2003.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

-Expediente nº ES OU-24/02.

Responsable: Juan José Vázquez Sotelo.

Dirección: r/ Ervedelo, nº 76, 1º A. 32002 Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial, promoción pública da que é titular a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 3.000 euros.

Anuncio do 17 de febreiro de 2003, do Servicio Provincial de Ourense, polo que se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia no expediente 32138/2001.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servicio Provincial de Ourense.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial de Ourense, con enderezo en avenida de Zamora nº 13, baixo, de Ourense, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 17 de febreiro de 2003.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 32138/2001.

Interesada: Mª Luz García Freitas.

CIF: 34941516-P.

Acto notificado: resolución do expediente.

Anuncio do 17 de febreiro de 2003, do Servicio Provincial de Ourense, polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia no expediente 32023/2002.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servicio Provincial de Ourense.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial de Ourense, con enderezo en avenida de Zamora nº 13, baixo, de Ourense, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 17 de febreiro de 2003.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 32023/2002.

Interesado: Santiago González Moreiras.

CIF: 34979921-A.

Acto notificado: resolución do expediente.

Anuncio do 17 de febreiro de 2003, do Servicio Provincial de Ourense, polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia no expediente 32018/2002.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servicio Provincial de Ourense.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial de Ourense, con enderezo en avenida de Zamora nº 13, baixo, de Ourense, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 17 de febreiro de 2003.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 32018/2002.

Interesado: Miguel Ferreira dos Anjos.

CIF: 44457828-R.

Acto notificado: resolución do expediente.

Anuncio do 17 de febreiro de 2003, do Servicio Provincial de Ourense, polo que se empraza a sociedade interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia no expediente 32203/2002.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a sociedade interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servicio Provincial de Ourense.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial de Ourense, con enderezo en avenida de Zamora nº 13, baixo, de Ourense, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 17 de febreiro de 2003.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 32203/2002.

Interesado: Ourolar Servicios, S.L.

CIF: B-32273567.

Acto notificado: reiterar alegacións e cambio de instructor.

Anuncio do 17 de febreiro de 2003, do Servicio Provincial de Ourense, polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia no expediente 32192/2002.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servicio Provincial de Ourense.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial de Ourense, con enderezo en avenida de Zamora nº 13, baixo, de Ourense, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 17 de febreiro de 2003.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 32192/2002.

Interesado: Alejandro Carnero Colmenero.

CIF: 44460221-W.

Acto notificado: cambio de instructor e proposta de resolución.

Resolución do 20 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a licitación para a contratación, mediante concurso, do servicio de limpeza do edificio e instalacións do pazo do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 78 e 180 do Decreto lexilativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, publicado no Boletín Oficial del Estado número 257, do 26 de outubro de 2001, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación, mediante concurso, do servicio de limpeza do edificio e das instalacións do pazo do Parlamento de Galicia na rúa do Horréo da cidade de Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 15/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación, mediante concurso, do servicio de limpeza do edificio e das instalacións do pazo do Parlamento de Galicia na rúa do Hórreo da cidade de Santiago de Compostela.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo da subministración: formalizarase o correspondente documento administrativo de contrato, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da constitución da fianza definitiva.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 367.649 A anuais.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOP número 293, do 18 de febreiro de 2003, e Diario Oficial das Comunidades Europeas DO/S 33, do 15 de febreiro de 2003).

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 55 13 00.

e) Telefax: 981 55 14 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras non-comunitarias.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 de abril de 2003, ata as 18.30 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas (BOP número 293, do 18 de febreiro de 2003, e Diario Oficial das Comunidades Europeas DO/S 33, do 15 de febreiro de 2003).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamanto de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: r/ Hórreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la garantía de mantemento: tres meses.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 28 de abril de 2003.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas depositados no Rexistro Xeral do Parlamento e publicados no BOPG número 293, do 18 de febreiro de 2003, e Diario Oficial das Comunidades Europeas DO/S 33, do 15 de febreiro de 2003.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2003.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia

Anuncio (01/2003.PED).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 28-1-2003, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da UA 1.2, sita en Torroal-Meicende, tramitado de oficio mediante o sistema de cooperación, o cal queda sometido a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións que se inserirán no DOG, no BOP e no xornal El Ideal Gallego.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, e presenta-las alegacións que coiden convenientes (expedientes nº 01/2003.PED).

Ó mesmo tempo, e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada a esta non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se recollen no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 6 de febreiro de 2003.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde

Anuncio de licitación e contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Capela.

Por Resolución da Alcaldía-Presidencia, do 28 de febreiro de 2003, aprobouse inicia-lo expediente para a licitación e contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Capela; ó mesmo tempo, aprobáronse os pregos de cláusulas económico-administrativas particulares e prescricións técnicas que rexerán na contratación dos traballos, que se someterán a información pública polo prazo de oito días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para os efectos de exame e reclamacións, coa salvidade de que o concurso quedará interrompido no caso de presentarse reclamacións e ata que estas sexan resoltas.

Orzamento de licitación: 33.835,36 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: 12 meses segundo fases.

Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Obtención de documentación: Secretaría do Concello da Capela. As Neves, 46-A, 15613 A Capela. Teléfono: 981 45 90 06.

Anuncio extenso no BOP.

A Capela, 3 de marzo de 2003.

Ángel López Sueiro

Alcalde-presidente

Anuncio de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cerdido.

b) Dependencia: Secretaría.

c) Número de expediente: 01/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: ampliación da rede xeral de distribución de auga en Cerdido.

b) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 104.298,74 euros.

5. Garantía provisional: non se establece.

6. Obtención de documentación e información: oficinas do Concello de Cerdido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a establecida no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Lugar de presentación: rexistro municipal do Concello de Cerdido.

b) Data límite de presentación: 26 día naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no DOG en o BOP.

c) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de condicións.

d) Prazo durante que o licitador ten que mante-la súa oferta: 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: salón de plenos do Concello de Cerdido.

b) Data: ós 15 días hábiles do remate do prazo de presentación de solicitudes. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

c) Hora: 12.

10. Outras informacións: criterios de valoración da Deputación Provincial da Coruña, opción B.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. Publicación no BOP e no DOG (publicación urxente) e publicación nun xornal de tiraxe provincial (catro módulos). Gastos máximos estimados: 700 euros.

Publicación dos criterios aprobados para a valoración do concurso.-Anexo IV: opción B: no BOP.

Cerdido, 28 de febreiro de 2003.

Bernardino Breijo Freire

Alcalde

Anuncio de concurso (referencia As-12/2003).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: As-12/2003.

2. Obxecto do contrato: exposición monográfica interdisciplinar sobre vacinas.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 100.000 A (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratación*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: oito días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizan do ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación: c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 27 de febreiro de 2003.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación

Concurso para a execución das obras comprendidas no proxecto de construcción de patio infantil e renovación de pista polideportiva no CEIP María Pita.

Por resolución da alcaldía-presidencia, do 3 de marzo de 2002, resolveuse:

Primeiro.-Rectifica-la providencia do 30 de decembro de 2002 na que se autorizaba o gasto de 88.648,24 A e se aprobaba o expediente de contratación das obras de construcción de patio infantil e renovación de pista polideportiva no CEIP María Pita no sentido de que en lugar de 88.648,24 A debe dicir 98.738,96 A.

Segundo.-Publica-la citada rectificación nos correspondentes diarios oficiais, computando o prazo de vinteseis días naturais para a presentación de ofertas a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio de rectificación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de marzo de 2003.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación

Anuncio de concurso (referencia S2003/16).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Contratación. Unidade de Subministración. b) Número de expediente: S2003/16.

2. Obxecto do contrato: equipamento do Centro Social dos Mallos. Prazo de entrega: a entrega e instalación da subministración fixarana os licitadores na súa oferta, e non poderá ser superior a vinte días a partir da recepción da adxudicación.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 367.604,14 euros, IVE engadido.

5. Garantía provisional: 7.352,08 euros.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico suministros*aytolacoruna.es e licitaciones*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do plazo da licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de marzo de 2003.

P.D.

Carlos González Garcés-Santiso

Tenente alcalde concelleiro delegado

de Contratación

Anuncio.

O Pleno Municipal, en sesión que tivo lugar o día 28 de xaneiro de 2003, acordou:

1. Aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle da UA 29 delimitada no PXOU promovido

pola sociedade Servicios Inmobiliarios Tremon, S.L., propietaria dos terreos, e redactado polo arquitecto Santiago González García.

2. Que se proceda ó cumprimento dos trámite esixidos no artigo 92.3º e 5º da Lei 9/2002, do 20 de decembro, de ordenación urbanística e mellora do medio rural de Galicia.

3. Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición durante o mesmo órgano que o adoptou, no prazo dun mes, ou impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da notificación ou publicación deste acordo.

A interposición do recurso de reposición impide a impugnación en vía contencioso-administrativa mentres non se dicte resolución a el, que deberá notificarse no prazo dun mes desde a súa interposición. Neste caso, o prazo de interposición do recurso contencioso será de dous meses ou de seis meses, respectivamente, contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou desde que deba entenderse presuntamente desestimado este.

Todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, e artigo 46.1º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa.

A documentación aprobada foi remitida á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de acordo co disposto no artigo 92.3º da Lei de ordenación urbana e protección do medio rural de Galicia.

Culleredo, 21 de febreiro de 2003.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo

Anuncio.

No BOP nº 52, do 5 de marzo de 2003, publícanse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello do Incio para prover, mediante o sistema de concurso-oposición, as prazas vacantes no cadro de persoal correspondentes á oferta de emprego público, ano 2003:

-Persoal laboral. Nivel de titulación: certificado de escolaridade. Denominación do posto: operario de servicios varios. Número de vacantes: unha (1).

Os que, reunindo os requisitos esixidos na convocatoria, desexen participar neste procedemente selectivo, deberán presentar instancia no rexistro

xeral do Concello do Incio, segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria serán publicados exclusivamente no BOP e no taboleiro de anuncios desta corporación.

O Incio, 6 de marzo de 2003.

Ángel Camino Copa

Alcalde-presidente

Edicto sobre convocatoria de concurso en procedemento aberto, de tramitación ordinaria, segundo acordo adoptado polo pleno en sesión ordinaria con data do 24-2-2003.

Obxecto do contrato: contratación da asistencia técnica precisa para a redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal en Oímbra (PXOM).

Prazo do contrato: 2 anos, con posibilidade de prórroga.

Clasificación do contratista: non se esixe clasificación.

Requisitos técnicos esixidos: os establecidos no prego de prescricións técnicas para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que facilitou a CPTOPV da Xunta de Galicia e aprobou o Pleno.

Orzamento base de licitación: 45.353 euros (IVE incluído).

Garantías: provisional: 907,06 euros. Definitiva: 4% sobre o orzamento de adxudicación.

Prazo de presentación de proposicións: os 15 días naturais seguintes ó da última publicación no BOP, ou no DOG da convocatoria do concurso; se o último día coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo.

Presentación da documentación: na forma establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: ás 17 horas do día 10 de abril de 2003.

Criterios de valoración que hai que ter en conta na licitación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares da convocatoria do concurso.

Exame do expediente: nas oficinas da secretaría deste concello, desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo establecido para presentar proposicións.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario do concurso.

Oímbra, 6 de marzo de 2003.

Alfonso Villarino Rodríguez

Alcalde

Anuncio.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, na súa sesión do 19-12-2002, os proxectos de abastecemento de auga ó polígono das Cartas e de legalización de urbanización e obras complementarias no polígono das Cartas, Vilar de Infesta-Redondela, redactados ambos polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García, e visado este último polo CICCP-Galicia, con datas do 7-1-2002 e 11-3-2002, e presentados por Manuel Dios Rodríguez e Jesús Ferreirós Espinosa, sométense a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente á disposición de calquera persoa física ou xurídica que queira examinalo para deducir alegacións.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos/as propietarios/as e demais interesados/as directamente afectados/as que, por resultaren descoñecidos/as ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Redondela, 10 de febreiro de 2003.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde

Anuncio de información pública.

O Pleno da Corporación, na sesión do día 30 de xaneiro de 2003, acordou someter a información pública o convenio asinado o 16 de xaneiro de 2003 entre o alcalde e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS): protocolo entre o Concello de Santiago de Compostela e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a creación dun parque empresarial denominado Cidade da imaxe e novas tecnoloxías.

O expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde

Anuncio de exposición pública.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria do día 26 de decembro de 2002,

acordou inicia-lo expediente de expropiación, por taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a obtención do terreo cualificado como R-15, en Carme de Abaixo.

En cumprimento do disposto no artigo 143 da Lei 9/2000, do 30 de decembro, do solo de Galicia, o concello expón ó público o dito proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia nun xornal dos de maior circulación da provincia, ou desde a notificación individual, se esta fose posterior, os interesados poidan formula-las alegacións que consideren oportunas.

Relación de bens e dereitos afectados:

Termo municipal: Santiago de Compostela.

Situación: Carme de Abaixo.

Pol. catastro: 66794.

Parcela: 18.

Propietario: Vázquez Ríos, Juan.

Enderezo: Carme de Abaixo, 3-B.

Postal: 15705.

Superficie m: 26,7.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2003.

Xosé Antonio Sánchez Bugallo

Alcalde

Anuncio.

Por resolución da Presidencia, do 27 de febreiro de 2003, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ó dito ano, na que se inclúen as prazas que figuran a seguir:

Funcionarios de carreira

Grupo

(art. 25 Lei

30/1984)

ClasificaciónNº vacantesDenominaciónAdscrición

AEscala Administración especial. Subescala técnica. Clase técnicos superiores1Psicólogo/aFogar infantil Emilio Romay: 1.

AEscala Administración especial. Subescala técnica. Clase técnicos superiores1Traductor/a galegoSección Central, Actas, Rexistro e Información: 1.

CEscala Administración xeral. Subescala administrativa3Administrativo Administración xeralServicio Planificación e Control: 2.

Servicio Organización, Calidade e Modernización: 1.

DEscala Administración xeral. Subescala auxiliar1Auxiliar Administración xeralSección Central, Actas, Rexistro e Información: 1.

DEscala Administración especial. Subescala servicios especiais. Clase persoal oficios1Cociñeiro/aColexio Calvo Sotelo: 1.

EEscala Administración especial. Subescala servicios especiais. Clase persoal oficios2Costureiro/aColexio Calvo Sotelo: 2.

Persoal laboral

Grupo convenio

colectivo

Nº vacantesDenominaciónAdscrición

III.31Oficial imprenta F.P.IIImprenta Provincial: Boletín Oficial: 1.

A Coruña, 27 de febreiro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

Anuncio de concurso, por procedemento aberto, de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: execución das obras de pavimentación de accesos a varios núcleos de poboación en Ribeira de Piquín.

3. Orzamento (IVE incluído): 92.507,85 euros.

4. Prazo de execución: 6 meses.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Información: Servicio de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría b).

9. Presentación de ofertas: trece (13) días naturais desde o seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

10. Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 54 (7 de marzo) e nº 55 (8 de marzo).

Lugo, 10 de marzo de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo