Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 24 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU 04/02-AN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador acordada polo delegado provincial de Ourense por presunta infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade e Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento da lei anterior, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións, os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, de conformidade ó establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente, por razón da contía da multa, o director xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente de

acordo co artigo 24.2º b) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 24 de febreiro de 2003.

Miriam Areal López

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 04/02 AN.

Denunciado: Marcial Álvarez Lamas.

Último enderezo coñecido: Nuestra Sra. de la Saínza, 26. Ourense.

Feito denunciado: non se atopa inscrito no Rexistro de establecementos de animais domésticos e salvaxes en catividade de Galicia, non posúe Libro de rexistro e atópanse os animais-cabalos-en malas condicións hixiénico sanitarias e en locais inadecuados as súas condicións.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 21.1º f) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 601,01 euros.