Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se relacionan.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: 1. Pavimentación de pistas rurais no concello de Muxía (A Coruña), X-5264. 2. Pavimentación vías públicas en Aro, Corzán e Couso de Arriba (Negreira-A Coruña), X-5699. 3. Camiño de Sobrado á Ciadella e As Cruces (Sobrado-A Coruña), X-5583. 4. Reparación do camiño de acceso a Rabacallos (Parada de Sil-Ourense), X-5022. 5. Saneamento e pluviais subida a Zamar (A Guarda-Pontevedra), X-5710. 6. Construcción do camiño O-3 O Barrio Novo (Oia-Pontevedra), X-6014. 7. Mellora da capa de rodadura do camiño de Forna na parroquia de San Salvador de Budiño (O Porriño-Pontevedra), X-5840, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número: 7 obras.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

ObraOrzamentoAno 2003Ano 2004

Pavimentación pistas rurais concello de Muxía. X-5264165.767,0282.883,5182.883,51

Pavimentac. vías públ. Aro, Corzán, Couso de Arriba. X-569977.650,3738.825,1938.825,18

Camiño Sobrado a Ciadella e As Cruces. X-5583141.494,1456.597,6684.896,48

Reparación camiño de acceso a Rabacallos. X-5022105.953,9852.976,9952.976,99

Saneamento e pluviais subida a Zamar. X-571081.878,4040.939,2040.939,20

Construcción camiño O-3 O Barrio Novo. X-601465.784,0332.892,0232.892,01

Camiño de Forna na parroquia de San Salvador de Budiño. X-584065.706,0232.853,0132.853,01

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación de cada obra.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación de cada obra.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 55.

e) Telefax: 981 54 57 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ós trece días naturais, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Clasificación.

-Pavimentación pistas rurais concello de Muxía. X-5264: grupo G, subgrupo 4, categoría C.

-Camiño de Sobrado á Ciadella e As Cruces. X-5583: grupo G, subgrupo 6, categoría C.

-No resto das obras non procede a clasificación.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 19-12-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO