Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2003 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, das contratacións dos servicios de restauración de retablos que se citan.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-los concursos que a seguir se citan:

-Obxecto: restauración do retablo, enreixado e inscrición pétrea da capela de San Xoán Bautista na catedral de Santa María (Lugo).

Orzamento base de licitación: trinta e seis mil sesenta euros con setenta e tres céntimos (36.060,73 A), IVE engadido.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica: informe emitido por unha institución financeira.

Solvencia técnica: relación dos principais servicios realizados durante os tres últimos anos.

-Obxecto: restauración do retablo e enreixado da capela de Nosa Señora da O ou da Esperanza da catedral de Santa María (Lugo).

Orzamento base de licitación: trinta e dous mil cincocentas oitenta e cinco euros con noventa e un céntimos (32.585,91 A), IVE engadido.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica: informe emitido por unha institución financeira.

Solvencia técnica: relación dos principais servicios realizados durante os tres últimos anos.

-Obxecto: restauración do retablo maior da igrexa parroquial do mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo (Ourense).

Orzamento base de licitación: corenta e oito mil oitocentos dous euros con dezaoito céntimos (48.802,18 A), IVE engadido.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica: informe emitido por unha institución financeira.

Solvencia técnica: relación dos principais servicios realizados durante os tres últimos anos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Secretaría Xeral.

2. Obxecto dos contratos.

a) Tipo de contratos: servicios.

b) Descrición do obxecto: os arriba indicados para cada expediente.

c) Prazo de execución: os arriba indicados para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: os arriba indicados para cada expediente.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servicio de Obras e Contratación (teléfono 981 54 48 23) da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, e solicitarse no teléfono 981 58 89 38.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a estas contratacións nos seguintes enderezos da Internet:

-http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2279 (capela San Xoán Bautista).

-http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2280 (capela Nosa Señora da O).

-http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2281 (Xunqueira de Espadañedo).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: a indicada para cada expediente.

b) Solvencia económica e técnica: a indicada para cada expediente.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares. As empresas que licitan a máis dunha contratación, deberán presentar toda a documentación (sobres A e B ) para cada un dos contratos.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ó previsto na cláusula 6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das proposicións.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (sala de xuntas), San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: a partir das 11 horas do oitavo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo