A Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 001, do Tribunal Superior de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo tramitado polo procedemento ordinario 0001303/2002, interposto polo Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña contra a Orde do 2 de outubro de 2002, pola que se establece o procedemento para o recoñecemento e rexistro das agrupacións de defensa sanitaria gandeiras na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG Nº 195, do 9 de outubro de 2002).
En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente adminstrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 001, do Tribunal Superior de Galicia, no prazo de 9 (nove) días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2003.
José Antonio Álvarez Vidal
Secretario xeral da Consellería de Política
Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural