Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para os pagamentos do prezo xusto por expropiación e imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 94/1999).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49º, 50º e 51º do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-los días 18 e 25 de marzo de 2003, a partir das 10.30 horas, para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., proceda no Centro Socio Cultural Aurelio Aguirre de Conxo, en Santiago de Compostela ós pagamentos do prezo xusto e xuros, por expropiación e imposición de servidumes de paso das liñas eléctricas aéreas a 20 kV unha de 1.775 m de lonxitude e centro de transformación no lugar de Bornais, e outra de 16 m de lonxitude e centro de transformación no lugar de Uceira (expediente 94/1999), ós interesados propostos pola citada empresa como titulares dos predios afectados por este proceso expropiatorio, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña