Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude formulada por Emeterio Vega Rodríguez para a declaración da urxente ocupación e para a adquisición dos terreos necesarios para a explotación da concesión mineira Mondoñedo, fracción segunda, número 5530.2.

A empresa Emeterio Vega Rodríguez con domicilio social no barco de Valdeorras, avda. de Marcelino Suárez 24-1º, solicita a declaración de urxente ocupación para a adquisición dos terreos situados na parroquia de Bretoña, lugar de Xemil do termo municipal da Pastoriza, que se relacionan no anexo e que son necesarios para a explotación da concesión mineira chamada Mondoñedo, fracción segunda, número 5530.2 de conformidade co artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, o artigo 131 do Regulamento xeral para o réxime da minería, o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e o artigo 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957.

E de acordo co establecido nos artigos 18 e 19 da citada Lei de expropiación e 17, 18, 24 e 56 do seu regulamento, xa mencionado, acórdase abrir información pública polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal El Progreso desta capital, e nos taboleiros de anuncios do concello da Pastoriza e desta delegación provincial.

O que se publica para xeral coñecemento e para que os interesados poidan formula-las alegacións que estimen convenientes sobre a procedencia da ocupación ou disposición dos bens que se van expropiar, o seu estado material ou xurídico, ou achegar cantos datos permitan a rectificación de posibles erros que se estimen cometidos na relación de propietarios e predios, así como para opoñerse por motivos de forma e de fondo a necesidade da ocupación. Neste caso terán que indica-los motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos dos incluídos na relación que se publica como anexo a esta resolución. Tamén, e para os sos efectos da emenda de erros na descrición material e legal dos bens, calquera persoa natural ou xurídica poderá alegar e presenta-los antecedentes ou referencias que sirvan de fundamento para a dita rectificación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle

ó ministerio fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 24 de xaneiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios: bens e dereitos afectados

pola concesión da explotación denominada Mondoñedo fracción segunda nº 5530.2 T.M. A Pastoriza, Lugo

PredioTitular catastralDomicilioDatos catastraisLugarCultivoSuperficie (ha)Superficie

que se vai

Titular aparente /

Enderezo concello

Bens e dereitos afectadosTipo afección

PolígonoParcelasexpropiar (ha)

Veciños de Xemil en Man ComúnÚbeda (San Xoán) A Pastoriza (Lugo)352LouxeirasMato111.937613.8424José Pacio Iglesias, pdte. Comunidade de Montes de Xemil.Coto das Louxeiras (lg. Xemil) T.M. A Pastoriza (Lugo)Pleno dominio

Veciños de Xemil en Man ComúnÚbeda (San Xoán) A Pastoriza (Lugo)380LouxeirasMato91.011216.3905Xemil-Parroquia Bretoña

A Pastoriza (Lugo)

Coto das Louxeiras (lg. Xemil)

T.M. A Pastoriza (Lugo)

Pleno dominio