Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 18 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número V-2002/0393, interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense, do 5 de setembro de 2002.

De conformidade co disposto no artígo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificaselle ó interesado, co último domicilio coñecido en grupo 1º de Maio, bloque 4-1º D. 32600 Verín-Ourense, a resolución do recurso de alzada número V-2002/0393, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 5 de setembro de 2002, da que a súa parte dispositiva di:

Na súa virtude,

RESOLVO:

Desestima-lo recurso de alzada (exp. núm. V-2002/0393) interposto por José Luis López Carragal contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense do 5 de setembro de 2002, dictada no expediente sancionador OU-03/02, pola que se lle impón unha sanción de 601,02 euros como responsable dunha sanción tipificada como grave no artigo 5.c da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, sen prexuízo da súa obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente; resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, de conformidade cos artigos 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme co disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste y lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivienda