Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores en materia de estradas devoltas polo servicio de correos (expediente O-2002/0203 e seis máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei de estradas de Galicia (en adiante LEG).

Nas devanditas resolucións sancionadoras, ademais de impoñe-la sanción de multa que en cada caso se indica, acordouse ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción nun prazo de 15 días contados desde a notificación (artigo 47.3º LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4º LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, para examina-lo expediente na Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, que se transcriben definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó remate do prazo de dez días antes sinalado, ou da comparecencia do interesado, se é o caso. Con carácter previo pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado na forma antes expresada.

As multas deberán facerse efectivas ingresando o seu importe na conta restrinxida para a recadación

de multas e sancións da delegación provincial correspondente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, na Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, e de non facelo así, procederase o seu cobramento pola vía de constrinximento.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

Nº de expediente: O-2002/0203.

Denunciado: Pozos de Agua Río Deza.

Enderezo: Lalín-Pontevedra.

Precepto infrinxido: artigo 43.4º g) LEG.

Sanción: multa de 1.202,02 euros.

Nº de expediente: O-2002/0204.

Denunciado: Avenir España, S.A.

Enderezo: avda. García Barbón, 121-2º A, Vigo, Pontevedra.

Precepto infrinxido: 43.4º g) LEG.

Sanción: multa de 1.202,02 euros.

Nª de expediente: O-2002/0140.

Denunciado: José Luis López Leiro.

Enderezo: Filgueira, 129, Xeve, Pontevedra.

Precepto infrinxido: 43.4º h) LEG.

Sanción: multa de 1.202,02 euros.

Nº de expediente: O-2002/0137.

Denunciado: Asador O Pereiro.

Enderezo: San Xoán de Poio, Poio, Pontevedra.

Precepto infrinxido: 43.4º g) LEG.

Sanción: multa de 1.202,02 euros.

Nº de expediente: O-2002/0142.

Denunciado: José Luis López Leiro.

Enderezo: Filgueira, 129, Xeve, Pontevedra.

Precepto infrinxido: artigo 43.4º a), c) LEG.

Sanción: multa de 1.202,02 euros.

Nº de expediente: O-2002/0143.

Denunciado: José Luis López Leiro.

Enderezo: Filgueira, 129, Xeve, Pontevedra.

Precepto infrinxido: artigo 43.4º a), c) LEG.

Sanción: multa de 1.202,02 euros.

Nº de expediente: O-2002/0139.

Denunciado: Sondeos Rovial.

Enderezo: Monte, 33, Mourente, Pontevedra.

Precepto infrinxido: artigo 43.4º g) LEG.

Sanción: multa de 1.202,02 euros.