Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. de Monteméa e Casatolda, no Concello de Guitiriz. (Expediente 5/2002 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de BEGASA, con domicilio para os efectos de notificación na rúa Cidade de Viveiro, 4, Lugo, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública se presentou a seguinte alegación:

1. Manuel Bernal Montero, quen manifesta non ver interese en facer novos tendidos cando as localidades ás que se pretende mellora-la subministración eléctrica mediante o presente proxecto xa dispoñen de luz desde hai moitos anos. Tamén solicita información sobre a afección que o proxecto ocasionaría sobre a súa parcela.

Considerando que tal alegación, vista a contestación dada a ela por parte da empresa promotora e o resto de documentación que figura no expediente, non impiden continuar coa tramitación do expediente polas seguintes razóns:

1. Porque, se ben é certo que os lugares de Monteméa e A Tolda teñen xa subministración eléctrica, esta subministración, segundo se indica no obxecto do propio proxecto, está condicionado pola situación actual das instalacións que son insuficientes para dar un nivel de calidade na subministración eléctrica que se adecue á demanda existente actualmente na zona xa que os transformadores existentes están mal situados para a demanda actual de enerxía e as liñas de baixa tensión non teñen sección suficiente para dar resposta ás actuais necesidades de consumo eléctrico.

2. Porque, polo que respecta á información sobre a afección da parcela que solicitou Manuel Bernal Montero, foi remitida ó interesado, xuntando ademais copia do plano de planta e perfil no que queda graficamente reflectida a dita afección.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha limitación sobre os predios en expropiación,

ós que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 57 da Lei 54/1997.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e vista a Lei 54/1999, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a BEGASA o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. de Becín e remate no C.T. proxectado de Monteméa de 1.181 metros de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón en conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Monteméa de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Monteméa de 1.500 metros de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, da necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó proxecto de execución denominado reelectrificación en Monteméa e Casatolda, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Nicanor Piñeiro Sampedro, e visado polo COETI en Lugo co número 388/2002 con data 18-2-2002, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo II, título VII do citado Real decreto 1955/2000, e visto o contido do informe técnico con data do 7 de outubro de 2002.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios en relación coas instalacións autorizadas.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada inte

resado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso, do 26 de novembro de 2002, Diario Oficial de Galicia do 3 de decembro de 2002 e no BOP de Lugo, do 20 de novembro de 2002, expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Guitiriz. Ata o momento do levantamento das actas previas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó ministerio fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 17 de xaneiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo