Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do plan especial de protección e recuperación do Castro de Elviña e protección da paisaxe natural (primeira fase) no Concello da Coruña.

Antecedentes.

1º O Concello da Coruña remite o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do plan especial de protección e recuperación do Castro de Elviña e protección da paisaxe natural (primeira fase), de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

2º O Concello da Coruña, en sesión plenaria do día 26 de marzo de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para a execución do plan especial de protección e recuperación do Castro de Elviña e protección da paisaxe natural (primeira fase) e sometelo a información pública polo prazo dun mes, e anunciouse nos xornais El Ideal Gallego e La Voz de Galicia de data 26 de abril de 2001, e no DOG e BOP de datas 8 e 14 de maio de 2001, respectivamente.

3º A taxación foi notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da LSG.

4º O Concello da Coruña emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 145.6º da LSG e remite o expediente de expropiación

forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da LSG.

Segundo.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da LSG:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e estremas.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Terceiro.-No Concello da Coruña está vixente o Plan xeral de ordenación municipal aprobado o 19 de outubro de 1998 (PXOM). Os terreos obxecto de expropiación están clasificados como solo rústico, coa cualificación de sistema xeral de espacios libres.

O PXOM no título IV, capítulo I, sección 2ª, relativa ó Castro de Elviña, contén unha serie de previsións que esixen a súa concreción mediante a redacción dun plan especial. Isto concorda coa esixencia que establece o PXOM no título III, capítulo VI, sección 1ª, relativa ó réxime dos sistemas xerais, que establece que «cando sexa necesaria unha actuación expropiatoria para a execución dos sistemas xerais esixirase a aprobación previa do correspondente plan especial». Así mesmo, na ficha de acción do sistema xeral de espacios libres denominada Castro de Elviña prevese como instrumento de planeamento un plan especial.

Á vista de todas estas previsións, o Concello da Coruña aprobou definitivamente o plan especial de protección e recuperación do Castro de Elviña e protección da paisaxe natural (P.E), onde establece como sistema de actuación o de expropiación. Establece o P.E. un plan de etapas. A 2ª etapa relativa á obtención do solo necesario para a realización do parque farase en 5 etapas, delimitadas no plano número 0.5 plan de etapas, coincidindo o ámbito de expropiación coa fase 1ª, que se corresponde coa área arqueolóxica do Castro de Elviña, declarada polo Decreto 37/1999, do 11 de febreiro.

Á vista do dito e de acordo co establecido no artigo 54 da LSG en relación co artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (LRSV) resulta acreditada a utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

Cuarto.-O concello utilizou os criterios de valoración do título III da LRSV.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxa

ción conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000) pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do plan especial de protección e recuperación do Castro de Elviña e protección da paisaxe natural (primeira fase) no Concello da Coruña, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da LSG, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación ás mesmas que figuren no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146.1º da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146.2º da LSG).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó concello e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante a Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da LSG, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da LSG).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

ParcelaSuperficie mPropietarioValoración A

1640Hros. Agustín Riveiro Candame7.883,74

21.040Hros. Agustín Riveiro Candame12.811,08

32.120Elena Martínez Blanco26.114,89

ParcelaSuperficie mPropietarioValoración A

42.200José Antonio, María Teresa e Carlos Eugenio Martínez Romero27.100,36

51.800Manuela Cordal Pan e outros22.173,02

61.520Ernesto Pérez Candame18.723,88

71.221María Rodríguez Teijido15.040,70

81.064Cristina Rey Rodríguez e outros13.106,72

92.941Dolores López Zapata36.228,25

102.540Hros. Sofía Teijido López31.288,59

112.640Elisa Teijido López32.520,43

122.832Elena Boedo López34.885,55

141.480Valentín Fernández Sánchez e outra18.231,15

151.675Teresa Fernández Pérez20.633,23

161.112José López Barreiro13.698

181.112Hros. de Luis Barreiro Galloso13.698

191.112Isabel Cabezal Sande e Manuel Fernando e Miguel Sande Arenas13.698

201.112Josefa Blanco López13.698

211.112Carmen Cajide Seijas13.698

231.120Concepción Fernández Fernández e José Fernández Iglesias13.796,55

24360Francisco Agra Barros e Xoán Carlos Agra Barros4.434,60

251.640Francisco Agra Barros e Xoán Carlos Agra Barros20.202,08

263.475José Manuel Bermúdez Martínez-Reboredo42.806,25

272.779Juan Montes Lendoiro e Mª Carmen Rodríguez Insúa64.456,79

281.000Carmen Teijido López12.318,34

291.300Manuel Sesar Rey16.013,85

302.680José M. Becerra Padín33.013,16

312.088Jesús Rodríguez Roca25.720,70

322.500Juan, Avelina e Manuel Rodríguez Pardo30.795,86

332.760Manuel Queijas Padín e Ramón Tarrío Pena33.998,63

341.517José Mª Carnota Rodríguez e Alicia García Dans e outra18.686,93

351.239Julio Lantes Pardo15.262,43

36800Antonio, Enrique A. e José L. Martínez Reguera9.854,68

371.670Hros. de Juan Cordal Pan e Julio Boedo Fernández20.571,63

381.480Mª Carmen, Manuela, Sofía, Manuel, José e Julia López Galán18.231,15

393.600Consuelo Rodríguez Fernández44.346,04

401.813Carmen e Dora Cordal Pan22.333,16

412.868Sara Seijas Barreiro35.329,01

421.346Fernando Seijas Barreiro16.580,49

433.315Antonio Rivas Parga e Manuela Candame Candame40.835,31

44335Dolores Lamas Galán4.126,65

47480María Deza5.912,81

48640Carmen Riveiro Parcero7.883,74

49536Manuel Díaz Candame e Manuela Candame Canzobre6.602,63

501.442Hros. Mercedes Teijido Fernández17.763,05

51666Hros. Josefa Bermúdez Pan8.204,02

522.920Hros. Carmen Candame Díaz e Juan Antonio Díaz Rega35.969,56

53310Descoñecido3.818,69

54444Manuela Teijido Iglesias e outros5.469,34

551.329María Rodríguez Teijido16.371,08

565.578Valentín Fernández Sánchez68.711,72

575.987Hros. Pedro Blanco Bao73.749,92

591.112Josefa Barreiro Pardo13.698

612.670Josefa Teijido Candame32.889,98

622.670Concepción Teijido Candame32.889,98

631.424Teresa Fernández Gómez17.541,32

645.228Julio Roca Galán64.400,30

652.000Hrdos. de José Lamas24.636,69

666.200Valentín Fernández Sánchez76.373,73

672.800Pilar Pérez Aguiar e outros34.491,36

ParcelaSuperficie mPropietarioValoración A

68920Juan Pereira Núñez e Josefa Teijido Bermúdez11.332,88

69260Enrique López Zapata3.202,77

70776María López Núñez e Luigi Coppola9.559,04

713.600Manuel López Iglesias e Dolores Zapata Pedreira44.346,04

72700Jaime Seoane Rama e Luisa Gantes García8.622,84

73666Juan Ciorraga Bastida8.204,02

74480Elena Martínez Blanco5.912,81

75430Ángel Pereira Núñez5.296,89

761.640Manuel Tobío Díaz20.202,08

77568Manuel Gómez Rodríguez6.996,82

78360Carmen e Dora Cordal Pan4.434,60

79180Propiedade litixiosa2.217,30

80160Propiedade litixiosa1.970,94

811.600Pilar Pérez Aguiar e outros19.709,35

821.776Vicente Souto Vázquez e Vicente Veira Núñez21.877,38

83666Hros. Juan Bermúdez Paz8.204,02

84800Descoñecido9.854,68

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación ou ben cando, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, segundo o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA). Así mesmo, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro); para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo

(artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

No suposto de que o interesado sexa unha administración pública, no lugar do recurso de reposición

poderá dirixir ó órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da LXCA.

Todo o anterior é sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñan dun prazo de vinte días para manifestaren a súa desconformidade, como se indicou no número 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da LSG.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2002.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo