Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003 pola que se corrixen erros na do 28 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, das asistencias técnicas de clave AC/98/061.1 e quince máis.

Advertido erro no texto da devandita resolución, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 46, do xoves 6 de marzo de 2003,

DISPOÑO:

Primeiro.-Correxir na páxina 2.746, no punto 16, parágrafo cuarto, xa que onde di: «Prazo de execución 18 meses», debe dicir: «Prazo de execución 15 meses».

Segundo.-O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 21-11-2002)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda