Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2003, do recadador de zona de Lugo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Latino Gallega de Hostelería, S.L. e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprá

zanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación (Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde, 30, Lugo), no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 7 de febreiro de 2003.

Roberto Vázquez Fermoso

Recadador de zona de Lugo

ANEXO

ProvidenciaInteresadoNIFObxecto da débeda

02270082045Latino Gallega de Hostelería, S.L.B27219781Exp.: 2002/27/000/00874 Liq.: 000020005831

02270082023Latino Gallega de Hostelería, S.L.B27219781Exp.: 2002/27/000/00873 Liq.: 000020005829

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA