Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Luns, 17 de marzo de 2003 Páx. 3.191

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 6 de marzo de 2003 pola que se convocan subvencións ós concellos para dotación de equipos para o desenvolvemento dos medios de comunicación social municipal e para adquisición de equipamento audiovisual e multimedia.

A Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual, co obxecto de que os concellos teñan cobertura radiofónica de carácter local que lles facilite ós cidadáns uns medios de comunicación que amplíen o marco da pluralidade informativa, vén establecendo con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia unha liña de subvencións con esa finalidade.

Por outra banda, a necesidade de que os concellos poidan aproveitar ó máximo as potencialidades que presentan a incorporación de medios técnicos no eido da comunicación e a información aconsella que se vaian dotando dos instrumentos necesarios para unha maior eficacia no desenvolvemento das súas actividades, establecéndose, neste sentido, unha liña de subvencións para a adquisición de equipamento audiovisual, multimedia e outros de natureza análoga.

Polo exposto, e no uso das facultades que me atribúen os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e partida orzamentaria.

Convócanse dúas liñas de subvención, en réxime de concorrencia competitiva, para dotación de equipos para o desenvolvemento dos medios de comunicación municipais (modalidade A) e para adquisición do equipamento audiovisual e multimedia (modalidade B) que permita incorporar nos concellos as vantaxes e potencialidades das novas tecnoloxías da información e comunicación.

Os obxectivos destas subvencións son, por unha banda, incentiva-la iniciativa local para a dotación de estudios e equipamento de sistemas de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia e, por outra, estimula-la adquisición de equipamento audiovisual, multimedia e outro de natureza análoga que permita achega-los contidos e servicios de interese social, cultural e formativo de carácter local ós cidadáns.

Para as mencionadas axudas resérvase a cantidade de 450.759 euros que se imputarán ó crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 10.04.361A 760 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán optar a estas subvencións os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

-Con respecto ás subvencións de modalidade A), é necesario que os concellos solicitasen ou soliciten a

concesión do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.

-Con respecto ás subvencións de modalidade B), é necesario que os concellos xustifiquen a necesidade do equipamento audiovisual e multimedia, presentando un plan de actividades de carácter social, cultural, formativo e de interese xeral para o concello.

Artigo 3º.-Solicitudes, prazo de presentación e documentación.

As solicitudes de subvención serán formuladas polo presidente do concello solicitante, segundo os modelos que, para cada modalidade, se xuntan como anexos a esta orde, e dirixiranse á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e presentaranse no rexistro xeral dos servicios centrais, no das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo para a súa presentación será de corenta días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Estas solicitudes irán xunto coa seguinte documentación segundo a modalidade de subvención:

Para a de modalidade A), axudas para dotación de estudios e equipamento de sistemas de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia:

a) Memoria descritiva dos investimentos que se van realizar.

b) Orzamento ou valoración económica das actuacións para as que se solicita a subvención, con indicación do importe que se solicita como axuda.

c) Compromiso de dotación orzamentaria suficiente para o mantemento do servicio.

d) Declaración de solicitudes efectuadas ou axudas concedidas, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas.

Para a de modalidade B), axudas para adquisición de equipamento audiovisual, multimedia e outro de natureza análoga:

a) Memoria detallada así como orzamento desagregado do equipamento para o que se solicita a subvención, con indicación do importe que se solicita como axuda.

b) Plan de actividades de carácter social, cultural, formativo e de interese xeral que se vai desenvolver co equipamento para o que se solicita a axuda.

c) Declaración de solicitudes efectuadas ou axudas concedidas, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas.

Estas subvencións serán compatibles coas que poidan conceder outras administracións públicas, sempre que o importe das subvencións concedidas, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións públicas ou entes públicos ou privados, non supere o custo total do investimento que se vai realizar.

En todo caso, ámbalas dúas modalidades de axudas desta convocatoria son compatibles entre si, de xeito que a concesión dunha modalidade de axuda a un con

cello non lle impide ser beneficiario da outra, para o caso de valoración favorable, de conformidade cos criterios establecidos no artigo 5º desta orde.

Artigo 4º.-Tramitación.

Os servicios competentes da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual tramitarán as solicitudes e instrumentarán os procedementos necesarios para a concesión das subvencións.

Artigo 5º.-Criterios de valoración.

Recibidas as solicitudes e demais documentación, correspondentes a ámbalas dúas modalidades de subvencións, serán analizadas e valoradas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual de conformidade cos criterios de valoración que se establecen para cada unha delas.

Para a modalidade A) os criterios de valoración son:

-O fomento dos valores e da identidade cultural e social de Galicia e, en especial, o emprego do galego na programación.

-Horario de emisión, porcentaxe de programación de producción propia e porcentaxe de programas informativos, culturais ou educativos.

Para a modalidade B) os criterios de valoración son:

-Plan de actividades de carácter social, cultural, formativo e de interese xeral que desenvolverá a entidade local.

-Incidencia no ámbito municipal.

-Situación do concello en zonas xeográficas con dificultades para acceder ás novas tecnoloxías da información e comunicación.

Artigo 6º.-Proposta de resolución.

Logo de analizadas e valoradas as solicitudes, o director xeral de Comunicación e Audiovisual elevará proposta ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que resolverá dentro das dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 7º.-Resolución.

Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admistracións públicas e do procedemento administrativo común, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de cinco meses, contados desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria. De non notificarse resolución favorable neste prazo, entenderase desestimada a petición correspondente, podendo interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun mes, previo ó recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 8º.-Prazo de aceptación.

Notificada a resolución de subvención, os beneficiarios deberán manifestar por escrito a súa aceptación comprometéndose a executa-lo proxecto subvencionado no prazo e condicións establecidas nesta convocatoria. De non recibirse a aceptación no prazo de dez días naturais, entenderase que o beneficiario renuncia á sub

vención concedida e procederase, sen máis trámite, ó arquivo do expediente.

Artigo 9º.-Xustificación do investimento.

Para o libramento da axuda, o concello beneficiario deberá, antes do 31 de outubro de 2003, solicita-lo pagamento e presentar ante a Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual a xustificación do investimento por medio de certificación expedida polo secretario da corporación local beneficiaria, que reflicta o acordo aprobatorio dela.

Así mesmo, xuntarase certificación expedida pola entidade bancaria onde se deba realiza-lo pagamento; achegarase tamén declaración complementaria do conxunto de axudas obtidas e/ou solicitadas para o mesmo proxecto en calquera outra Administración, organismo ou ente público.

Artigo 10º.-Inspección e información.

A Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual poderá realiza-las inspeccións e comprobacións que considere necesarias co fin de asegura-lo cumprimento das normas e requisitos cos que se concederon as subvencións.

De igual xeito, o beneficiario estará obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 11º.-Obrigas do beneficiario.

1. Os concellos receptores das subvencións quedarán obrigados:

a) A non altera-lo destino da subvención.

b) A admiti-las inspeccións e control que estableza a Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

c) A efectua-la xustificación do gasto conforme o establecido no artigo 9º, facultándose a dita dirección xeral para determina-lo correcto cumprimento desta obriga.

2. O incumprimento de calquera das obrigas mencionadas será causa determinante de revogación da subvención, así como do reintegro, se é o caso, da subvención percibida e dos xuros de demora correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Comunicación e Audiovisual para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL