Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación da resolución do expediente sancionador por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 321/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59,5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, á que non se lle puido facer por correo certificado, a resolución dictada no expediente de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra esta resolución poderá interpoñe-lo interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte o da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma deberá aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da delegación provincial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido

o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 25 de febreiro de 2003.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/CIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioSanción

Miguel Montes Dosantos33316792LU-E 321/200226 e) LO 1/1992R/ Tino Prados 12, 1º LugoArquivo