dra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador AG-SA-145/2002-PO.
De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no
anexo se menciona a proposta de resolución dictada polo instructor no expediente que por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos e que se está a tramitar nesta delegación.
Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio Xurídico, sito na r/ Benito Corbal nº 47-4ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.
Pontevedra, 11 de febreiro de 2003.
José Manuel Gabeiras Vérez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: AG-SA-145/2002-PO.
Denunciado: Feliciano Rial González.
Feito denunciado: non cubrir, debidamente, o libro-rexistro de movementos e compravenda de gando.
Data do acordo de incoación: 12-12-2002.
Alegacións á incoacción: 3-1-2003.
Preceptos infrinxidos: artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1995.
Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias.
Sancion: de 220 euros.
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN
LOCAL