Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación das propostas de resolución de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 389/2002 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, as propostas de resolución dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións

en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 25 de febreiro de 2003.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/CIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioSanción

Amable Conde Gayoso33828067LU-E 389/200223 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Rúa do Valiño 14, 3º A, Lugo330 euros

Amable Conde Gayoso33828067LU-E 399/200223 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Rúa do Valiño 14, 3º A, Lugo320 euros

Amable Conde Gayoso33828067LU-E 411/200223 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Rúa do Valiño 14, 3º A, Lugo340 euros

Amable Conde Gayoso33828067LU-E 414/200223 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Rúa do Valiño 14, 3º A, Lugo350 euros