Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.058

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Litografía La Artística Carnaud, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Litografía La Artística Carnaud, S.A., con nº de código 3600852, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-9-2002, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 8-7-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de setembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Litografía La Artística

Carnaud, S.A.

Anos 2002 a 2004

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes deste convenio colectivo, o comité de empresa, en representación do persoal desta, e a representación empresarial pola parte económica.

Artigo 2º.-Ámbito.

O convenio concértase entre a representación da empresa e o comité, que representan o persoal daquela, e será de aplicación a todo o persoal que presta servicios na empresa Artiscar, coa única exclusión do persoal superior a que fai referencia o artigo 3.1º k) da Lei de relacións laborais.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio terá unha vixencia de tres anos, é dicir, do 1-1-2002 ó 31-12-2004. Calquera que for a data da súa sinatura ou publicación no Diario Oficial de Galicia, os efectos económicos retrotraeranse, en todo caso, ata o 1 de xaneiro de 2002.

Quedará automaticamente denunciado este convenio, con tres meses de antelación ó seu vencemento, prorrogándose o actual en tódolos seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 4º.-Normas supletorias.

Para todo o non previsto neste convenio, atenderase ás leis vixentes.

Artigo 5º.-Dereitos adquiridos.

As melloras económicas e sociais establecidas neste convenio recoñécense como mínimas e non poderán ser absorbidas nin compensadas por melloras voluntarias anteriores. Respectaranse os dereitos adquiridos e as condicións máis beneficiosas que puidesen existir na empresa.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 1720,50 horas efectivas de traballo en cómputo anual para o ano 2002; 1.712,75 horas para o ano 2003 e 1.705 horas para o ano 2004.

Páctase a converxencia en materia de xornada laboral entre Artiscar e Crown Cork Vigo na negociación do convenio colectivo que substitúa a este.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións anuais para todo o persoal serán de 30 días naturais. A data de vacacións anunciaráselles con dous meses de anticipación a tódolos traballadores, de acordo co comité de empresa.

Artigo 8º.-Salario.

Para cada un dos anos, o incremento será o IPC previsto polo Goberno da Nación máis 0,5 puntos, con cláusula de revisión cada un dos anos, entre o IPC real do ano e o previsto, que se fará efectiva nunha soa paga, unha vez coñecido o dato correspodente a cada un dos anos.

Nas táboas anexas figura o salario que rexerá para o ano 2002. As táboas para os anos 2003 e 2004 serán as que deriven da aplicación do parágrafo anterior.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Os traballadores que teñan a condición de fixos do cadro de persoal no 31-12-1998 conservarán o dereito adquirido a continuar devengando e percibindo incrementos por antigüidade a razón de trienios do 3% sobre o salario base, ata un máximo de dez trienios, tal e como se recoñecía en anteriores convenios.

Os traballadores que non se encontren comprendidos no previsto no parágrafo anterior unicamente terán dereito a percibir por este concepto, a partir do momento en que cumpran os tres primeiros anos de permanencia na empresa, unha cantidade fixa adicional e igual para tódolos que se acharen nestas circunstancias, de 150,25 A (25.000 ptas.) en cada unha das dúas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal.

Artigo 10º.-Complemento de asistencia e puntualidade.

A empresa aboará unha gratificación de asistencia e puntualidade, consistente nun 10% sobre o salario base convenio máis antigüidade. A gratificación computarase por períodos semanais, e terán dereito a ela, o persoal que no cometese máis dunha falta de asistencia ou puntualidade no dito período. Existe unha tolerancia de tres minutos para efectos de puntualidade. Tamén se percibirá en vacacións, consultas médicas e licencias.

Artigo 11º.-Traslado.

O persoal procedente do anterior centro de traballo (Coia) percibirá en concepto de compensación por traslado, unha gratificación do 3,4% sobre o salario base máis antigüidade.

Artigo 12º.-Complemento de transporte.

Manterase na contía e condicións do ano 2001.

Artigo 13º.-Nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade como complemento de posto de traballo para os traballadores que presten os seus servicios na quenda de noite, consistente nun 25% sobre o salario base

para o ano 2002; 28% sobre o salario base para o ano 2003, e do 30% sobre o salario base para o ano 2004, que corresponda en cada caso e por noite efectivamente traballada. Para todas aquelas persoas que, estando fixas na quenda de día, pasen á quenda de noite, será de común acordo.

Artigo 14º.-Traballos penosos ou perigosos. Condicións ambientais do lugar e postos de traballo.

Os salarios pactados polas partes e que figuran na táboa deste convenio xa inclúen calquera clase de remuneración que lles puidese corresponder ós traballadores polo concepto de penosidade ou perigosidade por ruídos do traballo.

Os traballadores do departamento de fabricación da empresa que con anterioridade ó 31 de decembro de 1995 tivesen recoñecido xudicialmente o dereito á percepción do complemento de penosidade (relacionados como grupo A) recibirán, por este concepto, a cantidade de 858,25 A (142.800 ptas.)/ano, no ano 2002.

Nos anos 2003 e 2004 esta cantidade será incrementada na mesma porcentaxe có IPC real.

O resto dos traballadores da empresa percibirá as seguintes cantidades anuais:

-Persoal directo de fabricación, incluíndo control de calidade de final de liña de producción e mantemento: 450,76 A (75.000 ptas.) ano.

-Persoal indirecto de fabricación: 420,70 A (70.000 ptas.) ano.

-Persoal técnico e administrativo: 210,35 A (35.000 ptas.) ano.

Nos anos 2003 e 2004 incrementaranse segundo o previsto no artigo 8º.

As cantidades fixadas son anuais e directamente proporcionais ó tempo efectivo de traballo.

Artigo 15º.-Pagas extraordinarias e de beneficios.

Os traballadores percibirán unha gratificación de beneficios do 10% sobre os salarios base previstos neste convenio, incrementados con antigüidade, as dúas pagas extraordinarias e o 3,4% nos casos en que proceda, na forma e nas condicións previstas, que se aboará no mes de marzo, entre o 5 e o 20.

Os traballadores percibirán unha gratificación de trinta días de salario base máis antigüidade, 3,4% nos casos que proceda, puntualidade e parte correspondente á media da prima, valorada en 82 A (13.644 ptas.), en cada un dos meses de xullo e decembro, facéndose efectivas entre os días 15 e 20 dos meses correspondentes.

Artigo 16º.-Quendas de traballo a 7 días.

Creación de quendas de fin de semana integradas preferentemente por persoal fixo do cadro que voluntariamente o solicite e que reuna as condicións esixidas polo posto.

Estas quendas completaranse coa incorporación de persoal de nova contratación, con xornada de traballo de luns a domingo e ata un número tal que o total do cadro de persoal sexa o requirido polo volume de producción previsto.

No caso de que co persoal contratado e o voluntario non se cubrisen as quendas necesarias, o comité e a dirección comprométense a negociar este punto.

1. Complemento de sábados, domingos e festivos (complemento SDF).

Quen se integre nas quendas de traballo a 7 días recibirá o seguinte complemento por cada hora de presencia duante o ano 2002:

Categoría:

-Especialista: 5,77 A.

-Oficial 3ª: 5,96 A.

-Oficial 2ª: 6,27 A

-Oficial 1ª: 6,71 A.

-Oficial 1ª especialista litógrafo: 6,98 A.

-Encargado de sección: 7,51 A.

2. Complemento de nocturnidade festiva.

Quen se integre nas quendas de traballo a 7 días en horario nocturno recibirá cada sábado, domingo ou festivo, un complemento adicional de nocturnidade festiva de igual valor có complemento de nocturnidade normal e con independencia deste.

3. Xornada de traballo.

A xornada de traballo para este persoal no ano 2002, 2003 e 2004 será de 1.705 horas de presencia.

4. Paga de outubro.

As persoas que se integren na quenda de fin de semana percibirán como paga de outubro a cantidade anual bruta de: 192,20 A (31.980 ptas.).

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

Tenderase á supresión de horas extraordinarias habituais. Realizaranse as que veñan esixidas para reparar sinistros e danos. Manteranse as necesarias nos ciclos de producción punta ou por necesidades de realizar pedidos imprevistos, sempre que non sexa posible a contratación de persoal eventual, e respectando a liberdade do traballador.

O importe para o ano 2002 das horas extraordinarias será o que figura na táboa anexa. Para os anos 2003 e 2004 fíxase un incremento do 5% anual.

Artigo 18º.-Axuda escolar.

Aboaráselle a cada traballador con fillos estudiantes con escolarización plena e a tempo completo, con idades comprendidas entre os 3 e os 20 anos, a cantidade mensual de 15,90 A (2.645 ptas.).

Aboarase, así mesmo, unha axuda para estudios posteriores, equivalente ó 40% do importe da matrícula estatal, logo de xustificación.

Para renovar estas axudas, débese acredita-lo aproveitamento nas materias obxecto de axuda, no curso anterior, xa sexa na convocatoria de xuño e/ou setembro.

Artigo 19º.-Vacantes.

Cando un posto de traballo queda temporalmente vacante nunha das quendas, será cuberto, se for preciso, tendo en conta as dispoñibilidades de persoal. Sempre que sexa posible contratarase, prioritariamente, persoal externo.

As vacantes producidas por xubilación, cesamentos ou falecementos, serán cubertas con ingresos de novo persoal dentro das necesidades da empresa, dándose prioridade, en igualdade de condicións, ós fillos das persoas que traballan nesta empresa.

Os postos de traballo que se vaian cubrir con contratacións indefinidas a tempo total, ocuparanse prioritariamente con traballadores con contrato indefinido a tempo parcial, sempre que exista igualdade de condicións de capacidade, formación e idoneidade para o posto.

Artigo 20º.-Seguridade e hixiene.

A empresa obrígase ó cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia de aseos, vestiarios, dotación sanitaria, botas, duchas, etc., de conformidade coa Lei de prevención de riscos laborais vixente.

Artigo 21º.-Revisión médica.

Practicarase unha revisión médica a todo o persoal no primeiro semestre do ano.

Artigo 22º.-Ausencias retribuídas.

O traballador, avisando coa posible anticipación e xustificándoo, poderá faltar ou ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expoñen, quedando equiparados ós matrimonios as parellas de feito.

a) 15 días naturais en caso de casamento.

b) 3 días naturais cun mínimo de dous laborables, en caso de falecemento de fillo, cónxuxe, pais, tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

c) 3 días naturais, en caso de falecemento de netos, avós e irmáns, tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

d) 3 días naturais en caso de enfermidade grave, debidamente xustificada, de fillo, cónxuxe, pais, irmáns, avós e netos, tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

e) 3 días naturais, cun mínimo de dous laborables, en caso de nacemento de fillo.

f) 1 día natural en caso de casamento de fillos, pais, irmáns, netos, avós, tanto en grao de consanguinidade como afinidade.

g) 1 día por traslado do domicilio habitual.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

i) Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica.

j) O tempo necesario para o cumprimento de funcións de carácter sindical, que non excedan de 40 horas laborables, mensualmente.

k) 1 día en caso de falecemento de tíos con certificado do convivencia. No caso de non convivencia, 3 horas para asistencia ó enterro sempre e cando coincida dentro da xornada laboral.

As alíneas b) e d) terán un incremento de dous días naturais cando ó traballador, por motivo de desprazamento, lle fose necesario.

Artigo 23º.-Categorías.

Os peóns serán promovidos á categoría de especialistas de 1ª, como máximo, ós 18 meses de antigüidade na empresa. Por conseguinte, a categoría de especialista de 2ª queda eliminada.

Artigo 24º.-Contrato en prácticas.

A retribución do contrato en prácticas será do 75% do salario a partir do sétimo mes e do 100% a partir do décimo terceiro.

Artigo 25º.-Xubilacións.

Os traballadores que cumpran 65 anos durante o período de vixencia deste convenio e reúnan o período de carencia e demais requisitos para causaren dereito á prestación de xubilación con cargo á Seguridade Social estarán obrigados a se xubilaren, por acordo do persoal no dito ano, percibindo como contraprestación, e por unha soa vez, a cantidade de 2.279,34 A (379.250 ptas.). Así mesmo, percibirán este premio todos aqueles traballadores que causen baixa na empresa por enfermidade ou accidente, sempre que leven 5 anos como mínimo nela. Para tal efecto observarase o que resolva a Comisión de Avaliación de Incapacidades do INSS.

Se a xubilación se produce ós 64 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 2.759,85 A (459.200 ptas.). Se a xubilación se produce ós 63 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 2.950,82 A (490.975 ptas.). Se a xubilación se produce ós 62 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 3.184,91 A (529.925 ptas.). Se a xubilación se produce ós 61 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 3.462,13 A (576.050 ptas.). Se a xubilación se produce ós 60 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 3.665,42 A (609.875 ptas.).

Tan axiña como entre en vigor algunha normativa legal de obrigado cumprimento relacionada coa xubilación, enténdese que non procede a percepción das cantidades anteriormente expresadas.

Artigo 26º.-Roupa de traballo.

A empresa entregará dúas pezas de roupa de traballo ó ano por traballador.

Artigo 27º.-Funcións do comité de empresa.

O comité de empresa terá as seguintes funcións:

a) Vixia-lo cumprimento das normas laborais, de seguridade e hixiene e de seguridade social, advertindo a dirección das posibles infraccións e exercendo a posible reclamación.

b) Ser informado dos postos de traballo que a empresa pensa cubrir, así como das condicións dos novos postos.

c) Ser informado das medidas que se poidan adoptar sobre:

-Reestructuración do cadro de persoal.

-Intruducción de novos sistemas de traballo e incentivos (primas, ascensos, etc.).

-De calquera medida disciplinaria, por falta grave ou moi grave, e notificarase a sanción con anticipación ó comité.

-A empresa informará trimestralmente acerca da situación e marcha xeral dela.

-Os contratos de traballo serán coñecidos polo comité.

Artigo 28º.-Garantías e dereitos sindicais.

Ningún traballador poderá ser limitado nas súas garantías sindicais especialmente nos seguintes casos:

-Despedir a un traballador, sancionalo, discriminalo ou causarlle calquera tipo de prexuízo por razón da súa afiliación ou polo exercicio dos seus dereitos sindicais.

-Condiciona-lo emprego ou o ascenso pola súa afiliación ou non afiliación a un sindicato.

Artigo 29º.-Seccións sindicais.

As seccións sindicais de empresa terán as seguintes garantías:

a) No suposto de medidas disciplinarias contra calquera afiliado, a empresa, xunto ó escrito de sanción para o interesado, entregará unha copia para a súa sección sindical.

b) As seccións sindicais poderán difundir libremente as publicacións da súa central, cobrar cotas e afiliar, sen máis limitacións que a non obstaculización da producción.

c) As seccións sindicais cunha afiliación do 10% do total do cadro de persoal poderán realizar asembleas fóra de horas de traballo, nos locais da empresa, logo de llo solicitar a esta.

d) As seccións sindicais de empresa que cumpran o 10% disporán para o conxunto dos seus afiliados da ata un máximo de 7 días anuais de licencia non retribuída para asistencia a cursos, congresos, etc.

da súa central. A licencia requirirá notificación á empresa cunha semana de anticipación.

e) A empresa estará obrigada a concede-la excedencia, polo tempo necesario, para os traballadores que ocupen un cargo sindical, con carácter provincial como mínimo.

f) A empresa, logo de solicitude escrita do traballador, descontará da nómina a cota sindical.

Artigo 30º.-Incapacidade permanente parcial.

No caso de incapacidade laboral permanente parcial, se non puidese realizar algún tipo de traballo non correspondente á súa categoría profesional, a empresa estará obrigada a lle proporcionar traballo sen menoscabo da contía que lle corresponde á súa categoría.

Artigo 31º.-Accidente laboral.

A partir do sexto día natural inclusive, contado desde a data da baixa laboral transitoria que se produza como consecuencia dun accidente laboral ocorrido durante a xornada de traballo efectivo e dentro do recinto do centro de traballo, completarase a retribución para alcanza-la totalidade do salario establecido no convenio colectivo, quedando excluídas as horas extraordinarias que se liquidarán, en todo caso, conforme a normativa vixente. En caso de o accidente dar lugar ó internamento hospitalario de, polo menos 5 días a partir do momento en que se produza, completarase a retribución a partir do primeiro día inclusive. Este acordo tamén é de aplicación para o accidente laboral ocorrido no exterior do recinto da empresa, para o caso de o traballador se encontrar efectuando un servicio concreto solicitado pola empresa e dentro da súa xornada efectiva de traballo.

No ano 2003 percibirase este complemento a partir do cuarto día. No ano 2004 a partir do segundo día, e no ano 2005 desde o primeiro día.

Se a porcentaxe anual acumulada de absentismo, calculada para o 31 de decembro de 2002, 2003 ou 2004, se mantén por debaixo do 4,5%, completarase desde o primeiro día ata o total do salario establecido no convenio, quedando excluídas as horas extraordinarias, a todos aqueles traballadores que ó longo do ano causasen baixa por accidente laboral dentro do recinto de traballo e que non cumprisen o requisito de hospitalización mencionado no parágrafo anterior.

Enténdese por porcentaxe de absentismo tódalas horas de non presencia na fábrica, excepto as saídas sindicais dos membros do comité de empresa.

Artigo 32º.-Información do comité ó persoal.

A empresa facilitará os medios necesarios (máquina de escribir, multicopista, fotocopiadora, etc., así como persoal para os manexar) co fin de facilita-la información que o comité considere necesario pasar a todo o cadro de persoal da empresa.

Artigo 33º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio colectivo e, en xeral, para atender cantas cuestións se deriven da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria integrada polas partes negociadoras deste convenio, á que poden asistir asesores de ámbalas partes.

Artigo 34º.-Autonomía.

As partes sométense ó presente convenio, con expresa exclusión de calquera outro que se establecese ou estableza durante 2002, 2003 ou 2004, sexa por acordo entre as partes ou por resolución administrativa.

As normas do presente convenio, entendido como unha totalidade, terán primacía sobre calquera outra, dada a liberdade e autonomía das partes negociadoras.

Artigo 35º.-Seguro colectivo.

Establécese un seguro en caso de falecemento ou incapacidade permanente total ou absoluta de 18.030 A (3.000.000 ptas.).

Vigo, xullo de 2002.

Grupo A

NomeDepartamento

9Estévez Costas, EduardoFabricación

21Alonso Comesaña, DaríoFabricación

22Barciela García, MarcelinoFabricación

23Dosantos Figueroa, JoséFabricación

24González Cao, SantiagoFabricación

26Mallo Vilas, SantiagoFabricación

28Cambeiro García, JoséFabricación

29Marquez Ventoso, JaimeFabricación

32Ramos Iglesias, RicardoFabricación

34Vazquez Losada, FranciscoFabricación

35Alonso Pérez, J. BasilioFabricación

36Areal Carrera, AntonioFabricación

38Iglesias Davila, ManuelFabricación

39Mosquera García, José C.Fabricación

40Otero Bello, ManuelFabricación

42Argibay Rodríguez, RamónFabricación

43Feijoo Álvarez, SalvadorFabricación

46Prado Estévez, CelsoFabricación

47Vázquez Vidal, LuisFabricación

48Villar Correa, AdolfoFabricación

49Conde López, FelicianoFabricación

55Fernández Rodríguez, CarlosFabricación

56Fernández Veiga, AlfredoFabricación

62Barbosa Ribeiro, CarlosFabricación

63Martínez Otero, GuillermoFabricación

91González Prieto, MartínFabricación

95Montero Cabrera, JulioFabricación

68Campos Rodríguez, M. CarmenCalidade

70Rodríguez Gaiteiro, DoloresCalidade

71Santos Machado, José M.Calidade

30Montero Rivas, MáximoCalidade

83Budiño Pastoriza, JoséMantemento

84Comesaña González, ValentínMantemento

85Costas Pérez, EmilioMantemento

86Fernández Ruíz, SabinoMantemento

87Pequeño Pérez, ManuelMantemento

Táboa salarial 2002

CategoríasSoldosHoras extras

NormaisFestivas

Aprendiz de 4º ano23,64 A10,47 A12,52 A

Peón23,83 A11,40 A13,69 A

Especialista 1ª29,20 A12,98 A15,54 A

Oficial 3ª30,61 A13,59 A16,31 A

Oficial 2ª32,03 A14,21 A17,05 A

Oficial 1ª33,42 A14,85 A17,84 A

Oficial espcia. litógrafo34,83 A15,49 A18,56 A

Encargado de sección36,22 A16,12 A19,33 A

Gardas e serenos29,20 A12,98 A15,54 A

Porteiros29,20 A12,98 A15,54 A

Almaceneiros e listeiros30,61 A13,59 A16,31 A

Administrativos:

Xefe de 1ª1.142,74 A16,72 A20,04 A

Xefe de 2ª1.100,85 A16,12 A21,55 A

Oficial de 1ª1.016,55 A14,85 A17,84 A

Oficial de 2ª973,43 A14,21 A17,05 A

Auxiliar932,63 A13,59 A16,31 A

Técnicos:

Delineante, debuxante proxec. 1ª1.027,14 A15,02 A18,01 A

Idem 2ª984,04 A14,39 A17,23 A

Idem 3ª941,55 A13,73 A16,48 A

Mestre encargado1.142,74 A16,72 A20,04 A

Titulado grao medio1.142,74 A16,72 A20,04 A

Titulado grao superior1.504,42 A16,72 A20,04 A