Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.053

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de febreiro de 2003 pola que se convocan axudas ás universidades galegas para a organización de congresos, simposios e xornadas que favorezan a proxección universitaria, tanto no ámbito local como no nacional e internacional.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro (BOE do 19 de xaneiro de 1988, DOG do 17 de febreiro de 1988), transferiulle á Comunidade Autónoma competencias en materia de universidades. Estas com

petencias foron asumidas pola Comunidade Autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo (DOG do 8 de abril).

A Lei 11/1989, do 20 de xullo (DOG do 16 de agosto), de ordenación do sistema universitario de Galicia, determina a constitución do Sistema Universitario de Galicia con tres universidades: a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pretende continuar, dentro das súas competencias, coa política de axudas a organismos e institucións que organicen actividades de proxección universitaria, por entender que, no desenvolvemento destas actividades, se produce o encontro de reco

ñecidos e prestixiosos expertos nas cuestións que se tratan. Ademais, o intercambio de ideas e coñecementos que se xera é de utilidade pública, aspecto este que a Xunta de Galicia, como organismo público, debe promover.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto.

Convócanse axudas a universidades galegas para a organización de congresos, simposios e xornadas que favorezan a proxección universitaria, tanto no ámbito local como no nacional e internacional.

Artigo 2º.-Orzamento.

Para a concesión das axudas, convocadas na presente orde, destinarase a cantidade total de 93.059 euros, para o que existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria 07.05.322C.440.2, de acordo co disposto na Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

As cantidades antes citadas poderán incrementarse de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

1. Poderán optar a estas axudas, a través das universidades galegas, os seus centros, departamentos, institutos ou órganos individuais ou colexiados, que realicen actividades que poidan ser obxecto desta axuda na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A suma das axudas concedidas por outros organismos públicos e privados non poderá supera-lo custo total do montante da organización.

3. As axudas concedidas consideraranse individualmente por proxectos presentados, nunca por universidade solicitante, de tal xeito que cada universidade pode recibir máis dunha axuda segundo o número de proxectos aprobados e subvencionados.

Artigo 4º.-Período.

As actividades que se subvencionan nesta convocatoria serán realizadas durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2003.

Artigo 5º.-Solicitudes.

1. As solicitudes, segundo o modelo que se publica como anexo a esta orde, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a presentación de instancias. Se no uso deste dereito, a solicitude é remitida por correo, presentarase en sobre aberto, para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de que proceda á súa certificación.

2. As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

-NIF da universidade.

-Memoria explicativa das actividades que se pretenden realizar, indicando o número de asistentes

previstos ou que xa participaron no caso de terse realizado a actividade, ámbito territorial e social destas e relación prevista de conferenciantes invitados.

-Orzamento previsto de gastos e ingresos da actividade.

-Documento no que se especifiquen as axudas solicitadas ou concedidas por outros organismos públicos ou privados.

-Documento no que se especifique a axuda que solicita da Dirección Xeral de Universidades.

-Circulares e/ou trípticos informativos dando publicidade ó evento.

-Documento facilitado pola entidade bancaria na que conste o código de conta cliente da universidade correspondente.

3. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o día 31 de xullo de 2003.

Artigo 6º.-Comisión de avaliación.

A selección dos candidatos será realizada por unha comisión de avaliación integrada por:

-Presidente:

-O director xeral de Universidades ou, por delegación, o subdirector xeral de Universidades.

-Vocais:

-Pola Universidade de Santiago de Compostela, o vicerrector competente na materia.

-Pola Universidade da Coruña, o vicerrector competente na materia.

-Pola Universidade de Vigo, o vicerrector competente na materia.

-Un representante do Servicio de Coordinación do Sistema Universitario.

-Secretario:

-Un representante da Dirección Xeral de Universidades, que actuará con voz e voto.

En caso de empate, decidirá o voto de calidade do presidente.

Artigo 7º.-Tramitación e resolución.

1. Os servicios da Dirección Xeral de Universidades comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde.

Se as solicitudes non reúnen os requisitos que se sinalan no artigo 5º.2, requiriranse os interesados para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos ante a Dirección Xeral de Universidades. Transcorrido este prazo sen emenda-las causas de exclusión, considerarase que o interesado desiste da súa petición logo de resolución, nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 13 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. A comisión avaliadora reunirase a principios de maio e a principios de setembro para valorar aquelas solicitudes que teñan completa a documentación esixida e elaborará a relación de institucións

beneficiarias, segundo os criterios de valoración que se detallan a seguir:

a) Importancia e interese científico e universitario das actividades propostas no proxecto presentado, con especial valoración dos proxectos que contribúan á proxección universitaria.

b) Ámbito territorial do proxecto.

3. Efectuada a primeira selección pola comisión, esta elevará, a través da Dirección Xeral de Universidades, un informe-proposta ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá resolución na que figure a relación de beneficiarios. Despois da segunda reunión da comisión avaliadora, seguirase o mesmo sistema, figurando na resolución, ademais da relación de beneficiarios, unha lista de reserva e das solicitudes excluídas coas causas de exclusión.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 8º.-Pagamento.

As subvencións concedidas faranse efectivas mediante libramento único e directo ás universidades, trala completa xustificación polo beneficiario do cumprimento da finalidade e condicións establecidas nesta orde.

Artigo 9º.-Xustificación.

No prazo de 10 días naturais desde o remate da actividade ou desde a concesión da axuda, no caso de terse realizado a actividade antes da publicación desta, os beneficiarios deberán presentar, na universidade correspondente, a seguinte documentación xustificativa:

a) Certificación de gastos e ingresos e memoria na que xustifiquen o cumprimento da finalidade e condicións para os que foi concedida a subvención.

b) Certificación do destino que se lle dá a axuda concedida pola Dirección Xeral de Universidades.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución.

No prazo dos 15 días seguintes á finalización do evento ou desde a concesión das axudas, no caso de terse realizado antes da publicación desta, a universidade correspondente remitiralle á dirección xeral certificación na que conste que a actividade solicitada foi realizada e xustificada.

Artigo 10º.-Obrigas dos beneficiarios.

1. Os beneficiarios quedarán obrigados a destina-la subvención ó obxecto concreto para o que foi concedida. As universidades deberán comunicarlle

á Dirección Xeral de Universidades calquera modificación da actividade. A dirección xeral poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos.

2. Os beneficiarios da subvención farán constar en toda a publicidade xerada pola actividade subvencionada que recibiron unha subvención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Universidades, utilizando a normativa da imaxe corporativa da Xunta de Galicia e cumprindo coa normativa vixente esixida para o depósito legal.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión de axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asinado nos orzamentos para este fin.

Segunda.-O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas nesta orde constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto na Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo, que modifica o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e axudas públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira.-As renuncias que se produzan poderán ser substituídas pola Dirección Xeral de Universidades de acordo coa lista de reserva que se estableza na resolución.

Cuarta.-Se por calquera causa, no momento en que a comisión avaliadora teña que examina-las solicitudes, algúns dos compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto se nomee. O dito nomeamento deberá recaer noutra persoa da dirección xeral ou da universidade correspondente en virtude da súa representación.

Quinta.-Para os efectos establecidos no artigo 44.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e axudas públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de seis meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, producindo efectos desestimatorios a falta de resolución.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Universidades para dicta-las resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria