Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.057

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, pola que se procede a designa-los membros e a facer pública a composición do tribunal de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes ós premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ó curso 2001/2002.

En virtude da autorización conferida polo punto oitavo da Orde do 29 de xaneiro de 2003 pola que se convocan premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ó curso 2001/2002 e de conformidade co establecido no punto quinto desa orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Designa-los membros do tribunal de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes ós premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ó curso 2001/2002 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo.-Por proposta do tribunal de selección, poderanse designa-los especialistas necesarios para que asesoren o tribunal na valoración dos méritos dos aspirantes.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2003.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Ordenación Educativa

ANEXO

* Tribunal de selección titular:

Presidente: Faustino José Salgado López, subdirector xeral de Inspección Educativa.

Vocais:

-Vicente Yáñez González, xefe do Servicio de Formación Profesional.

-José Luis Vázquez Fernández, inspector de Educación.

-Luis Manuel Álvarez Martínez, inspector de Educación.

-Elisa Amoedo Barciela, inspectora de Educación.

-Manuel Reboredo Lavín, inspector de Educación.

-Begoña Potí Vázquez, profesora de ensino secundario.

-Miguel Reza Pérez, profesor de ensino secundario.

* Tribunal de selección suplente:

Presidente: Jesús Álvarez Marcote, inspector de Educación.

Vocais:

-Antonio Castelao López, asesor da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

-Gonzalo Iglesias Varela, inspector de Educación.

-Félix Perujo de Llano, inspector de Educación.

-Jorge Rivera Gómez, profesor de ensino secundario.

-César Corral Martínez, profesor técnico de formación profesional.

-Manuel Guerra Fernández, profesor de ensino secundario.

-Rafael Vázquez Gancedo, profesor de ensino secundario.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO