En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais dunha caldeira de Moldutec, S.L. para
a xestión de residuos industriais (valorización), no concello de Lalín (Pontevedra).
2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.
-Concello de Lalín.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2003.
José Luis Díez Yánez
Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental