Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Xoves, 13 de marzo de 2003 Páx. 3.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 4 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 475/2002 incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución na orde social correspondente.

Empresa: Cerramientos y Montajes del Noroeste, S.L.

Domicilio, localidade: avda. de Madrid, 40 of. 2, Vigo.

Número expediente: 475/2002-907/2002 (AI).

Data resolución delegación provincial: 13-12-2002.

Preceptos infrinxidos: artigo 16.1º da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2º, 12.1º, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 1.502,54 A.

Fáiselle saber ó interesado que poden formular recurso de alzada perante a directora xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso incoarase o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 4 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra