De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu Regulamento, do 23 de decembro.
O importe da sanción farase efectivo mediante o impreso que ten á súa disposición no Servicio Téc
nico Xurídico da Delegación Provincial de Medio Ambiente en Pontevedra, rúa Benito Corbal 47, 5ª planta. O período voluntario de pagamento será, segundo o artigo 20.2º do Regulamento xeral de recadación: a) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior. b) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior e unha vez producida a firmeza desta resolución -firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo-. As débedas non satisfeitas nos períodos citados nos puntos anteriores, esixiranse en vía de constrinximento.
Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Pontevedra, 30 de xaneiro de 2003.
José Antonio López Rodríguez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-I-02/144.
Denunciado: Baldomero Martínez Rodríguez.
Último enderezo coñecido: Cabaleiro-Campañó de Arriba, 36157 Pontevedra.
Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.
Precepto infrinxido: artigo 137.e) do regulamento á Lei de incendios forestais.
Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.
Sanción: 300,51 euros.