Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do proxecto de urbanización da UA Fraga (expediente 4396/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 16 de xaneiro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto reformado do de urbanización da unidade de actuación Fraga, prsentado por Arturo Fraga Fernández en representación da xunta de compensación da mes

ma urbanización do ámbito dese polígono redactado polos arquitectos Eduardo e Arturo Fraga Fernández, visado polo colexio profesional o 30 de setembro e 21 de outubro de 2002, debendo respectarse as condicións descritas na parte expositiva do presente, e sinalados polo enxeñeiro industrial do servicio de electromecánicos en informe do 7 de xaneiro de 2003.

Segundo.-A aprobación definitiva do reformado do proxecto de urbanización, suxéitase á condición suspensiva de prestación dunha fianza polo importe do 100% da totalidade das obras, que ascende a 390.247 euros.

Terceiro.-Proceder á publicación do acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-Administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 23 de xaneiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo